Padrón entrega o Premio do Certame Poético Rosalía de Castro a Xurxo Alonso por “Actas de sospeita”

14 Marzo 2025

O Auditorio da Fundación Rosalía de Castro acolleu na tarde deste 14 de marzo a entrega do Premio do Certame Poético Rosalía de Castro, que nesta décima edición recoñeceu a obra Actas de sospeita do escritor e pintor Xurxo Alonso García. Coincidindo con este recoñecemento, tamén se presentou o libro galardoado, publicado na colección Poesía Rosalía de Castro.

O xurado do certame destacou esta obra por ofrecer unha visión renovada e profunda, a través do formato epistolar, sobre o horror fascista de 1936. Ademais, salientou a súa lingua patrimonial rica e a calidade estilística da escrita, elementos clave para ser escollida entre os 43 traballos presentados.

Xurxo Alonso, nado en Bos Aires en 1956 e residente en Vilagarcía dende a infancia, é unha figura recoñecida no panorama literario galego, con nove libros publicados e múltiples premios, como o Avelina Valladares, o Cidade de Ourense ou o Díaz Castro. Como pintor, tamén conta cunha ampla traxectoria artística, con máis de 70 exposicións individuais.

O acto contou coa presenza do alcalde de Padrón, Anxo Arca, e do presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, que intercambiaron impresións sobre a obra co autor nun pequeno coloquio. Ademais, numerosos veciños e amantes da poesía quixeron ser tamén testemuñas deste recoñecemento á literatura e á memoria histórica.

Coa entrega deste premio e a publicación da obra galardoada, o Concello de Padrón reafirma o seu compromiso coa promoción da poesía e a cultura galega, consolidando o Certame Rosalía de Castro como un referente no ámbito literario.

Outros artigos

Noia legaliza o seu Punto Limpo

O Concello de Noia vén de culminar o proceso de legalización do Punto Limpo municipal, poñendo fin a unha situación administrativa que segundo lembrou o Goberno local, “víase arrastrando desde hai anos”. A legalización constitúe “un paso importante para mellorar a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.