“Manipulación informativa (CRTVG)” – José Manuel Pena

10 Marzo 2025

Os medios de comunicación públicos deberían estar ao servizo de toda a poboación, sen ningún tipo de manipulación nin control por parte dos responsables políticos nin gobernantes. Na realidade non sempre é así, un claro exemplo é a Radio e a Televisión de Galicia.

Unha parte dos profesionais da compañía da Radio e Televisión Pública de Galicia (CRTVG) levan anos sendo coartados na súa liberdade de expresión e no exercicio da independencia profesional e obxectividade informativa. Chama a atención de que sempre hai “palmeiros- pelotas”, que se posicionan a favor do poder, medorentos de sufrir recortes ou sancións laborais.

Pola súa banda, a maioría da cidadanía non nos molestamos nin en facerlles chegar ao gobernante da Xunta de Galicia o noso malestar polo control e a manipulación informativa dunha televisión pública, é dicir sufragada co diñeiro de todos os galegos, independentemente da súa ideoloxía ou status social.

Escoitar ou ver algúns dos poucos debates políticos ou informativos, é patético e moi denigrante para a saúde mental de calquera persoa normal. Sempre ocultando a realidade e defendendo a xestión do gobernante autonómico, poñendo máis énfases na política nacional, manipulada, cando o importante sería centrarse no máis próximo aos cidadáns. Galicia tería que ser a maior preocupación, baseándose na diversidade, a pluralidade e a liberdade de expresión e información.

Outros artigos

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

+

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.