“Paraísos fiscais” – José Manuel Pena

11 Marzo 2025

Que a riqueza no mundo esta mal repartida, é unha realidade incuestionable. Cada día hai unha maioría de pobres fronte a unha minoría, cada vez máis ricos. A desigualdade social, na maior parte dos países, é evidente e cada vez alárgase máis a brecha. Son moitas as causas que levan a estas situacións inxustas, insolidarias e inhumanas. Sen dúbida unha delas é a falta dunha fiscalidade xusta e progresiva a nivel internacional e permitir a proliferación de paraísos fiscais que son auténticos niños de mafias, terrorismo, trata de persoas e de narcotráfico, converténdose así en instrumentos para o branqueo de capitais.

O Fondo Monetario Internacional (FMI) cifra en 18 millóns de dólares a suma total de activos e débedas en paraísos fiscais, aproximadamente unha terceira parte do Produto Interior Bruto mundial (PIB). Actualmente recoñécense máis de 70 países en todo o mundo. Esta economía global, produto da enxeñería financeira máis insolidaria e daniña, está dirixida polos grandes bancos internacionais e as grandes empresas multinacionais, que se encargan de ter filiais neses países, que acoden aos “paraísos” con contas secretas e empresas pantasmas, que fixeron da ocultación e o engano a súa dogma de fe.

Os impostos así evadidos impiden proporcionar os beneficios sociais, económicos e culturais aos que todo cidadán ten dereito (educación, sanidade, pensións, vivenda, desemprego, servizos sociais, etc. .). Pensemos que quen evade non só leva o seu diñeiro, senón tamén unha parte do noso.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...