Baroña define nunha xornada participativa o futuro do seu monte

09 Marzo 2025

Este sábado 8 de marzo o Laboratorio Ecosocial do Barbanza organizou un obradoiro de prospectiva comunitaria para axudar á Comunidade de Montes de Baroña (Porto do Son) a visualizar colectivamente o futuro dos nosos montes e transformar esa visión en accións concretas no presente para conseguilo. Durante a xornada, as persoas participantes tiveron a oportunidade de colaborar na creación do Plan de Acción Comunitaria de Baroña, un documento estratéxico que marcará os pasos necesarios para, en palabras da Comunidade, “facer realidade o monte que soñamos para 2055”. A cita, celebrada con formato aberto e participativo na Casa Forestal de Baroña, contou coa presenza de veciñas e veciños da contorna, compartindo cadansúa visión particular sobre o futuro do monte: o futuro desexábel.

A metodoloxía de traballo, implementada polos membros da fundación Montescola, axudará ao colectivo a identificar retos e oportunidades ambientais “cunha visión a futuro”.

Foi, en palabras dos organizadores, “unha actividade amena na que os asistentes analizaron tanto o monte como a parroquia, chegando a coincidir en moitas cousas aínda sendo persoas moi diferentes e con pensamentos diversos”.

A xornada rematou cun Plan de Acción conxunto “cunha cronoloxía clara e unhas metas ben definidas”.

As e os responsábeis da Comunidade agradeceron a asistencia das persoas participantes na xornada, e tamén do Laboratorio Ecosocial do Barbanza e da Fundación Montescola.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

“Manuel ¿para qué sirve la música?”. Manuel Dominguez III

Manuel ¿para qué sirve la música? ¿Te podrías imaginar un mundo, la vida sin música, podrías vivir en ese mundo? Te imaginas ir al campo, y que faltase ese cantar del Mirlo o del Jilguero, que el silencioso fuese, tal silencio que hasta faltase el ulular del viento....

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“Pensando nun futuro mellor”. Luís Celeiro

“O mellor está por chegar” é unha expresión que se lle atribúe a aquel recoñecido poeta inglés,Robert Browning (1812-1889), que tantas veces reflexionou sobre o sentido da vida, o paso dotempo e a vellez das persoas e das cousas. Sobre a esperanza no futuro, que vén...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.