Ribeira apodera ás técnicas da limpeza de todo o concello

08 Marzo 2025


No Día Internacional da Muller a Concellaría de Igualdade ribeirense, que dirixe Cruz Rivadulla, organizou un acto de apoderamento e
recoñecemento das traballadoras da limpeza como sector tan importante como invisibilizado. Ao acto asistiron técnicas da limpeza do municipio ás
que se lles entregou un agasallo xunto con cadanseu diploma. A homenaxe celebrouse na sala polivalente do Auditorio Municipal e foi
presidido polo alcalde, Luís Pérez Barral, a concelleira de Igualdade e demais edís da Corporación Municipal. A actriz Atenea García foi a encargada de
conducir un acto moi distendido e dinámico que incluíu unhas pequenas pezas de pandeireta e canto que acompañaban aos seus contos no
transcurso do evento.

Para comezar proxectouse o vídeo oficial da ONU titulado Por e para todas as mulleres e nenas, a continuación Atenea pasoulle a palabra
concelleira de Igualdade quen salientou que “este ano 2025 é un ano crucial para a procura mundial da igualdade de xénero e o apoderamento
das mulleres xa que se cumpren 30 da Declaración e Plataforma de Acción de Beijing”, e tamén recordou que “nós podemos ser a xeración que
peche a fenda e acade a igualdade de xénero”. Rivadulla salientou que “a pesar dos avances conseguidos quedan moitas cousas por facer” para
rematar sumándose ao apoderamento das técnicas da limpeza “que tan merecido tiñan esta homenaxe”.

Xusto despois interveu á voceira representante das técnicas limpadoras, Francisca Vidal Ogando, que tivo palabras de agradecemento en nome do seu colectivo polo acto e indicou que “un bo comezo é facer referencia ao propio colectivo coma técnicas da limpeza”.

A continuación procedeuse ao acto de entrega dos diplomas e agasallos a tódalas traballadoras xunto cunha imaxe de familia para o recordo.
O acto estivo cheo de momentos cómicos e distendidos que de cara ao final pasou a ser máis institucional coa intervención de Luís Pérez Barral.
O alcalde fixo unha rotunda alegación a este sector de traballadoras destacando que “neste 8 de marzo, Día Internacional da Muller, xuntámonos para rendervos unha merecida homenaxe ás mulleres traballadoras, loitadoras, imprescindíbeis: as limpadoras. Aquelas que, con mans firmes e corazóns xenerosos, mantedes en pé o piar mesmo das nosas vidas: as nosas casas e o noso día a día”.

Pérez Barral fixo referencia á propia invisibilización do sector pero defendeu que “o traballo que desenvolven é como esa engrenaxe
silenciosa que fai que todo funcione porque mentres os comercios abren ou as fábricas producen, sodes vós as que, cunha dedicación incansábel,
garantides que cada espazo estea limpo, ordenado e listo para acoller a vida que nel”.

Para rematar falou da igualdade real que empeza tamén por visibilizar os traballos que sosteñen a vida diaria, “hoxe, como alcalde, non só quero
recoñecer o voso traballo, senón tamén proclamar en voz alta que Ribeira ten unha débeda convosco. Espero que este recoñecemento non
sexa un punto final, senón un inicio: o inicio dunha Ribeira máis consciente, máis agradecida e máis comprometida coa igualdade.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.