“Tiveron que morrer queimadas en Nova Iorq 123 traballadoras para que a ONU declarara o Día da Muller Traballadora” – Antón Luaces

08 Marzo 2025

Pasaron  50 anos dende que Nacións Unidas (ONU) caeu na conta de que as mulleres traballadoras non tiñan os mesmos dereitos que os seus compañeiros varóns. Nunca antes se dera valor ao que facían as mulleres na industria, no agro, no mar… A ONU non soubo nunca (?) dos dereitos das mulleres noutros eidos da vida en USA, en África, Asia ou Suramérica e mesmo en determinados países europeos. Tampouco tivera en conta o tipo de labor que desenvolvían moitas mulleres da Habana as que, en tempos do presidente cubano Fulgencio Batista, acodían os grandes empresarios estadounidenses, como acodían aos burdeles vietnamitas os soldados norteamericanos, uns e outros para calmar determinados apetitos que, ao parecer, non daban calmados no país sede do organismo internacional no que están representadas a maioría das nacións do planeta Terra.

 A ONU non  soubo nunca da carencia de dereitos das mulleres españolas que, no franquismo, non podían ter unha conta bancaria ou unha empresa  ao seu nome porque ambas as dúas  debían figurar ao do seu home (se estaba casada) ou do de seu pai (se estaba solteira). 

A ONU ignorou e segue a ignorar moitas, demasiadas cousas. Pero vai 50 anos que recoñeceu os dereitos da muller proclamando a celebración urbi et orbi do Día Internacional da Muller.

Antes disto, un incendio (para algúns intencionado, aínda que se culpa a unha cabicha tirada nunha papeleira) na fábrica téxtil Triangle Shirtwaist de Nova Iorq, levouse por diante a 123 mulleres empregadas que morreron queimadas xunta 17 homes, o 25 de marzo de 1911.

 Foi a motivación que atopou a ONU para xustificar oficialmente a data que agora conmemora a maior parte das nacións coma homenaxe á muller traballadora.

Na fábrica neoiorquina traballaban 275 persoas, maioritariamente mulleres adolescentes e migrantes, fillas de xudeus e italianos. As portas da fábrica estaban fechadas con chave para evitar roubos. Catro elevadores, dos que só funcionaba un e as escaleiras de incendios (que non chegaban aos andares superiores) eran, xunto coas portas, as únicas vías de saída. Nunha hora morreron 123 mulleres.

Neste 8 de marzo, varios municipios do Barbanza (A Pobra, ás ,12,30 horas e Ribeira, as 19,00, entre eles) súmanse á celebración con manifestacións e concentracións reivindicativas.

Outros artigos

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.