Extinguido de madrugada un incendio forestal na zona de A Portela

18 Marzo 2020
Cedida

En torno ás 22.56 horas de onte declarouse un incendio forestal na zona de A Portela, na parroquia pobrense de Lesón. Rexistráronse seis focos simultáneos, razón pola que non se descarta que puidese ser intencionado, cuxa fronte era dun quilómetro e que se dirixía cara O Iroite.

Ao lugar desprazáronse catro axentes, catro brigadas e cinco motobombas (unha motobomba de Protección Civil de Boiro, dúas do distrito de Noia, unha de Carnota, outra de Ordes, catro voluntarios de Protección Civil da Pobra, tres axentes forestais e unha brigada de Ordes).

O lume deuse por extinguido ao redor das 03.56 horas e estímase que a superficie afectada fosen 7’50 hectáreas de terreo raso.

Outros artigos

Accidente de tráfico no acceso ao polígono de Espiñeira, en Boiro

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro recibiron unha chamada ao redor das 20:00 horas deste mércores 15 de maio alertando dun accidente de tráfico no acceso ao Polígono de Espiñeira coa estrada AG-11, no concello de Boiro. Á chegada dos bombeiros as...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último abril”. Olegario Sampedro

“Último de abril, primero de mayo. Que entre el bueno y salga el malo”. Este era el popularadagio al que, cada 30 de abril, se recurría para bendecir las casas. Provistos con una rama detojo empapada en agua bendita, la gente santificaba sus hogares con el propósito...