O film “Party Time- The Movie” do descendente de ribeirenses, Juan Fernández París, pódese ver de balde na rede

18 Marzo 2020

O coñecido crítico de cine Juan Fernández París, fillo de ribeirense, dirixiu hai unha década “Party Time- The Movie”. O film participou en varios festivais cinematográficos tendo moi boa acollida. Hoxe pódese ver de balde grazas ó seu director que quer deste xeito axudar a pasar esta cuarentena.

Juan Fernández París

Juan Fernández París é un reputado comentarista cinemotagráfico da televisión puertorriqueña, fillo de Juan Fernández Paris, teólogo e catedrático emérito da Universidade de San Juan de Puerto Rico, é neto de Joaquin Fernández Cambeiro, mestre nacional en Castiñeiras e na Illa de Ons. Semanalmente viaxa a Hollywood onde realiza entrevistas ás estrelas do sétimo arte. Viviu en Nueva York e California e xa de regreso á illa presenta desde hai anos un magazine de cine e é Productor e Social Media Manager de Wapa Televisión.

Esperamos vos guste e pasedes un rato entretido e grazas o seu director.

“Party Time- The Movie”

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.