Este xoves cortarase o subministro de auga en Serres (Muros) por mor de tarefas de mellora na rede

05 Marzo 2025

A empresa concesionaria do servizo municipal de auga no concello de Muros (Espina y Delfín) informou de que este xoves 6 de marzo vai proceder a cortar o subministro na contorna de Serres “debido a tarefas de melloras na rede de abastecemento de Muros”. A interrupción do abastecemento está programada para a franxa da mañá, entre as 09:00 e as 14:00 horas. Afectará á marxe dereita da subida a Serres desde a rotonda de Portugalete, incluído San Ramón e Liñares. Afectará tamén á marxe esquerda da subida a Serres desde o cruzamento da igrexa ata Lugar de Arriba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.