Santiago súmase á convocatoria da FEGAMP para reclamar a gratuidade total da AP-9

04 Marzo 2025

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, anunciou este martes 4 de marzo que a capital galega decidiu sumarse á convocatoria da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para buscar unha postura conxunta a prol da gratuidade total da AP-9. En consecuencia, desconvocou a reunión impulsada para este venres, 7 de marzo, cos concellos do eixo atlántico.

Nas últimas horas, a rexedora compostelá estableceu contacto co presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, co que concordou no obxectivo común de “reclamar a gratuidade da autoestrada que descorre de norte a sur polo oeste do territorio galego e que milleiros de persoas traballadoras, estudantes e familias empregan para a súa vida cotiá”.

Así, a rexedora de Santiago fixo fincapé no obxectivo común de “impulsar unha fronte de país sen localismos”, unha visión que nos contactos que mantivo con alcaldes e alcaldesas na última semana é común a todos os concellos.

Outros artigos

Domingo 1, tempo seco con sol despexado en Santiago e nas Rías Baixas

Este primeiro de novmebro, Todolos Santos, Galicia continuará baixo o dominio do anticiclón situado sobre as Illas Británicas, o que asegurará unha xornada de estabilidade xeneralizada en boa parte do territorio. O día comezará con bancos de néboa e nubes baixas en...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.