Esperanza Mara impartirá un curso de canto en Rianxo para maiores de 50 anos

03 Marzo 2025

As Aulas Socioculturais de Rianxo veñen este ano cunha formación de canto. A aula de canto desenvolverase entre este mes de marzo e o de xuño, do 20 de marzo ao 26 de xuño. O obxectivo é fomentar o convivio musical entre os participantes, creando un espazo de participación cultural e traballo en equipo, aprendendo aspectos básicos sobre a voz e a música, que incidan nun mellor autocoñecemento e goce do propio instrumento. Tamén se busca desenvolver a escoita activa e a interpretación musical en grupo. Os destinatarios son persoas maiores de 50 anos do concello (máximo 20 participantes). A encargada de impartir os contidos será a soprano noiesa Esperanza Mara Filgueira. As sesións celebraranse no Centro Sociocultural do Auditorio de Rianxo, os xoves en horario de tarde, de 16.00 a 18.00 horas. A matrícula estará aberta até as 14.00 horas do 12 de marzo, sendo a matrícula de 50 euros (que se pode formalizar a través dunha ligazón específica. ​​​​​​​

As admisións serán por rigorosa orde de inscrición. Terán preferencia as persoas maiores de 50 anos e empadroados no Concello de Rianxo.

Os días e horarios poden variar unha vez iniciada a actividade tras acordo de docente e alumnado e existindo dispoñibilidade de instalacións.

Máis información: concelloderianxo.gal, cultura@concelloderianxo.gal ou no telf  981 100 688.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.