“É precisa unha reconstrución crítica nas cidades de Galicia” – José Luis Calo

28 Febreiro 2025

Non queremos perder a identidade da cidade. Algo que leva pasando neste último século. Incorporando criterios e pautas estéticas da cidade antiga do século XIX no urbanismo actual. Un exemplo vivímolo en Santiago de Compostela co elegante Edificio Castromil, derrubado en 1975, que ennobrecía a actual praza de Galicia. Por decisións políticas a principios da década de 1970, o Concello quixo construír un aparcamento subterráneo, pensando en revitalizar a urbe compostelá. Para levalo a cabo decidiu derrubar o emblemático edificio Castromil. Crían que demoler edificios antigos e construír novos era unha boa idea. Agora vemos como diversos expertos e arquitectos consideran isto un erro grave.

Nestes momentos Santiago ten 124 casas en ruína para entrar no Rexistro de Soares, é o momento de exporse en recuperar parte dese urbanismo. Tamén é necesario refacer o modelo de mobilidade, un cancro que sofren as cidades. O modelo de mobilidade das grandes e medianas cidades baseado no uso masivo e diario do automóbil privado, coa súa tendencia a ocupar gran parte do espazo urbano. Nas grandes cidades máis do 60% usa o coche pero ocupa o 90% do espazo dedicado á mobilidade. A iso contribúe o mal desenvolvemento urbano e a mala calidade da oferta do transporte público. Os altos custos ambientais e sociais da mobilidade urbana (contaminación, conxestión do trafico, horas destinadas á mobilidade cotiá, malgasto de recursos enerxéticos, accidentes de tráfico, etc) agrava máis se cabe está situación. Nos países europeos foise impoñendo a hexemonía do transporte público, o uso das bicicletas e os percorridos a pé. O espazo público, os equipamentos e os servizos básicos, a accesibilidade e mobilidade. Pero tamén cómpre poñer o foco na educación e a sanidade pública, o emprego, a protección social, o acceso á cultura e ao uso das Tecnoloxías de Información e Comunicación.

José Luis Calo é coordinador de UCIN Galicia.

Outros artigos

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

+

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

+

“En democracia no hay ideas prohibidas”. José Castro López

La escritora británica Evelyn Beatrice Hall publicó en 1906 el libro “The Friends ofVoltaire” en el que relata como entendía la tolerancia el filósofo francés y dejó para lahistoria la frase “No estoy de acuerdo con lo que dices, pero defenderé con mi vida tuderecho a...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

“Abusos e indefensión” – José Manuel Pena

Cando existe unha emerxencia habitacional, todas as Administracións Públicas teñen que poñerse as pilas para garantir o Dereito á Vivenda, recoñecido na Constitución española así como en moito Tratados e Organismos Internacionais. Algúns nos preguntamos, actualmente,...

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.