“Con moitos mortos no camiño, Galicia olla cara atrás mentres outros avanzan na loita antidroga” – Antón Luaces

28 Febreiro 2025

Vai 40 anos as nais galegas de mozos das Rías Baixas deron un primeiro paso abaneando con toda a forza da que dispuñan o portalón de ferro pintado de negro do pazo de Baión. Ao mesmo tempo acusaban aos ocupantes do pazo de ter asasinado á xuventude galega que consumía a droga coa que traficaban daquela moitos e recoñecidos “persoeiros” que pasaron en pouco tempo do contrabando de tabaco á política e desta ao tráfico de drogas. 

Nacía -en gran medida grazas á loita directa protagonizada por Carmen Avendaño, nai implicada desde a raíz como directa afectada polos estragos da droga no seo da súa propia familia- a Asociación Érguete de Nais contra da Droga. Con ela, con Carmen Avendaño -coa que compartín horas de radio e páxinas de xornais diarios- a loita contra a lacra da droga tomou corpo en Galicia, especialmente nas Rías Baixas e, particularmente, en Cambados, Vilagarcía, Ribeira, Ferrol e Boiro que, xunto a outras localidades abriron as portas de Europa a todo tipo de drogas procedentes de América (Colombia, especialmente) Asia e África. 

Nos anos 80 a droga marcaba duramente ao sector pesqueiro galego, parte del involucrado directa ou indirectamente no transporte e distribución das drogas que se consumían en primeira instancia en Galicia para pasar posteriormente ao resto de España e, de aquí, a Europa. Os pesqueiros que se adicaban a esa actividade ilegal non eran os máis perseguidos polo servizo de Vixilancia Aduaneira, Policía e Garda Civil. As embarcacións máis buscadas eran as denominadas “narcolanchas” ou “planadoras”, tecnicamente mellor equipadas -motorizadas na Rolls Royce inglesa moitas delas- que as de Aduanas ou Garda Civil. Algunhas desas planadoras foron localizadas en almacéns (teoricamente garaxes) nunha parroquia de Boiro.  

Nomes coma os de Laureano Ouviña, Sito Miñanco (introductor da coca en España, segundo distintas informacións) e José Ramón Prado Bugallo figuraron sempre nas acusacións de Érguete dende que, en 1985, esta organización de nais foi recoñecida coma o  verdadeiro azoute dos narcotraficantes. Colaborou decididamente cos responsables da loita antidroga en España e foi unha excelente subministradora de información ás forzas policiais e aduaneiras

 que, especialmente nas costas españolas e mesmo en augas internacionais, desbarataron coas súas operacións represivas numerosos intentos de desembarco na costa de Galicia de importantísimas cantidades de drogas procedentes de países suramericanos.

A cocaína e a heroína foron as drogas ilícitas máis consumidas en España nos anos 80. 

En maio de 2017, un informe do Centro de Intelixencia contra o Terrorismo e o Crime Organizado (CITCO), sinalaba que en España había máis dun cento de organizacións marcotraficantes. E Galicia ten as súas epopeias particulares, con narcosubmariños localizados na Arousa, o desartellamento dun macrolaboratorio en Cerdedo ou a intervención en Cambre do segundo maior alixo de cocaína da historia: máis de sete mil quilos.

Os 40 anos de Ërguete contabilizan unha gran cantidade de denuncias que contribuíron decididamente á loita contra a droga na comunidade galega, outra volta nos mapas de distribución en mans de narcos estranxeiros.

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.