XIX Xornadas Sociosanitarias de Outes: Conferencia sobre Deporte e Saúde

26 Febreiro 2025

Outes acollerá este xoves 27 de febreiro de 2025 unha nova sesión das XIX Xornadas de Información Sociosanitaria e das IV Xornadas do Programa Universitario de Maiores en Outes, dentro do IV ciclo da USC 2024-2025.

O evento celebrarase na Casa da Cultura da Serra de Outes ás 18:30 horas e contará cunha conferencia sobre “Deporte e saúde”, impartida por D. Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. A sesión será coordinada polo doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista en Atención Primaria en Outes.

Esta iniciativa, organizada polo Concello de Outes en colaboración coa USC, ADISBISMUR, a Asociación Cultural Terra de Outes e a Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, pretende fomentar o coñecemento sobre saúde e benestar na comunidade.

As persoas interesadas en asistir deben reservar praza chamando ao teléfono 981 850 575. Ademais, a USC certificará a participación nestas xornadas cunha duración total de 16 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.