Outes conta xa con dúas praias para mascotas

26 Febreiro 2025

O Concello saínte de Outes deu a coñecer os días pasados a nova ordenanza que regula o uso dos areais do termo municipal. Nesta nova norma establécense dous areais destinados á convivencia cos cans, unha iniciativa que segundo sinalou o Executivo saínte, viña sendo moi demanda pola cidadanía en xeral e, tamén, polos visitantes. O obxectivo da norma é “evitar problemas de convivencia establecendo espazos específicos así como as normas básicas de convivencia nestes espazos naturais”. As dúas praias caninas do concello sona a praia da Bitureira (Camiño ao Requeixo dende Broña) e unha praia pequena no Freixo.

No resto dos areais os cans poderán acceder igualmente, durante a tempada de alta afluencia, de 21:00 a 11:00 da mañá quedando prohibido o seu acceso no resto do día. A ordenanza pode consultarse na sede electrónica da Deputación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.