Vodafone levará cobertura móbil a núcleos illados de Lousame, Outes e Rois

25 Febreiro 2025

A operadora de telecomunicacións Vodafone compartiu a súa folla de ruta de 2025 para equipar con cobertura móbil aos núcleos rurais galegos máis afastados que até o de agora, pola súa situación xeográfica, demográfica e orográfica, non tiveron ocasión de ter un servizo en condicións. Segundo fixo saber a compañía, este ano que vén de comezar zonas rurais illadas de 56 municipios da nosa Comunidade dispoñerán de cobertura móbil por primeira vez ao longo deste ano. Trátase, en total de 211 núcleos de poboación afastados. Unha trintena destes núcleos están na provincia da Coruña e deles, incluídas zonas sen cobertura de Lousame, Outes e Rois.

Os clientes de Vodafone poderán acceder ao mellor servizo de banda larga móbil, tanto no interior como no exterior das súas vivendas, incluíndo todas as estradas e camiños de acceso. Así mesmo, poderán gozar da mellor calidade nas súas chamadas de voz coa tecnoloxía máis avanzada (Voz sobre LTE).

Esta iniciativa encádrase no proxecto PR608A: Extensión de redes de telefonía móbil en núcleos rurais e illados adxudicado pola Xunta a Vodafone en decembro de 2021 e con previsión de ser completado ao longo deste ano. O obxectivo deste proxecto é mellorar a cobertura en áreas rurais, moi afastadas dos grandes centros urbanos, que non dispoñen actualmente de servizo de ningunha operadora.

Os 211 núcleos rurais que comezarán a gozar de nova cobertura Vodafone atópanse nos seguintes municipios das 4 provincias galegas:

-29 núcleos na provincia da Coruña, nos municipios de: A Baña, Cabana de Bergantiños, Cee, Irixoa, Lousame, Ordes, Outes e Rois.

-107 núcleos na provincia de Lugo, nos municipios de: Abadín, Castroverde, Cervantes, Cervo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Guntín, Láncara, Lugo, Mondoñedo, Muras, Navia de Suarna, As Nogais, Ourol, Palas de Rei, Pol, Quiroga, O Saviñao, Taboada, Trabada, Triacastela e Vilalba.

-50 núcleos na provincia de Ourense, nos municipios de: Baños de Molgas, O Bolo, Calvos de Randín, Cartelle, Castrelo de Miño, Castro Caldelas, Cenlle, Leiro, Lobeira, Manzaneda, Muíños, Paderne de Allariz, O Pereiro de Aguiar, Punxín, San Xoán de Río, San Amaro, A Veiga e Viana do Bolo.

-25 núcleos na provincia de Pontevedra, nos municipios de: A Cañiza, Covelo, Gondomar e A Lama.

Grazas a esta despregadura, a operadora busca ampliar a súa pegada efectiva de cobertura: polo menos 5.429 habitantes de Galicia, que non tiñan ningún tipo de servizo, gozarán de telefonía móbil de última xeración nestes núcleos illados. “Estes usuarios mellorarán a calidade das chamadas de voz, poderán descargar contidos a alta velocidade, navegar cunha menor latencia e ter un maior número de dispositivos conectados de forma simultánea, sen perder calidade no interior e no exterior das súas casas”, sinalou Vodafone.

Outros artigos

No Son abriu o prazo dos cursos creativos municipais

O Concello de Porto do Son abriu o prazo para participar na nova oferta de obradoiros e actividades formativas e creativas dirixidas á veciñanza para o curso 2026/2027. As clases darán comezo neste mes de outubro e abranguen disciplinas tanto artesanais como...

+

Volve o Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro

A Fundación Rosalía de Castro e a Secretaría Xeral da Lingua presentaron hoxe a VIII edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro, coa que as dúas entidades, en colaboración con El Corte Inglés, pretenden fomentar a creación poética en lingua galega á vez...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.