Lousame abre as inscricións para participar no seu Festival de Entroido (o domingo 2 de marzo)

24 Febreiro 2025

O Concello de Lousame vén de abrir as inscricións para participar no seu Festival de Entroido, que terá lugar este domingo 2 de marzo, de
17:00 a 19:00 horas, no polideportivo municipal Pilar Barreiro Senra. Os veciños e veciñas empadroados en Lousame poderán anotarse totalmente de balde ata o mércores 26 de febreiro en bandoticket.com. O xoves 27 de febreiro abrirase o prazo de anotación para persoas doutros municipios.

No polideportivo municipal haberá obradoiros de Entroido, xogos variados e inchables para os máis pequenos da casa, así como degustación gratuíta de orellas, filloas e chocolate con churros para a cativada. Ademais, toda a rapazada que veña disfrazada recibirá unhas lambonadas de agasallo. A participación é de balde, se ben por motivos de loxística é preciso anotarse en bandoticket.com antes do sábado 1 de marzo.

Un ano máis, o Concello de Lousame non celebrará concurso de disfraces, que será substituído por un divertido desfile de disfraces para que “sexa unha actividade familiar, onde a xente participe e desfrute da festa sen ter que andar pendentes dos premios nin de ter que gastar moitos cartos no disfrace”, apunta Silvia Agrafojo, concelleira de Cultura.

Para facilitar o acceso, empregarase o mesmo sistema ca no Festival de Reis: dirección única de entrada pola Fonte do Redullo e saída polo CPI Cernadas de Castro. Así, os pequenos poden quedar na festa mentres a persoa adulta aparca nunha das zonas dispoñibles na contorna.

Concerto de Entroido

Un día antes, o sábado 1 de marzo, a Casa da Cultura de Lousame acollerá un Concerto de Entroido, organizado pola Asociación Cultural Prudencio Romo, a Escola Municipal de Música de Lousame e o Concello de Lousame. A actuación terá lugar a partir das 18:00 horas e a asistencia é totalmente libre e de balde.

O repertorio será moi variado e para todos os gustos, dende pezas de Nino Bravo e cancións tradicionais como “Maruxiña”, ata seleccións de boleiros e temas latinos. Ademais, todos os músicos e alumnos acudirán disfrazados, xa que o disfrace máis orixinal recibirá un premio.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.