Muros, Esteiro e Torea acollerán obradoiros de memoria organizados polo Concello

24 Febreiro 2025

O Concello de Muros pon en marcha o programa Activa a Túa Mente, que inclúe obradoiros de memoria que se desenvolverán do 10 de marzo ao 30 de maio. A actividade está dirixida ás persoas adultas interesadas na prevención do deterioro cognitivo e o coñecemento do envellecemento activo.

“O obxectivo é o fomento de hábitos saudables dende un enfoque activo e positivo en áreas cognitivas, emocionais, funcionais e sociais, como precursor dun axeitado mantemento de vida independente nas persoas adultas maiores participantes”, explicou Mario Martínez, concelleiro de Servizos Sociais de Muros.

“Para dar resposta ás demandas da veciñanza, este ano engadimos as sesións en Torea e mantemos as de Muros e Esteiro”, engade Martínez.

A metodoloxía dos obradoiros é activa e dinámica, sempre cunha explicación e capacitación da funcionalidade e o obxectivo de cada serie de exercicios e propostas.

As sesións, coa colaboración de Afafes, realizaranse dúas veces por semana e teñen unha duración dunha hora e media.

As prazas son limitadas. Inscricións en Servizos Sociais do Concello de Muros: 981 762 465.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.