Este venres 21, San Xermán, Galicia quedará baixo a influencia dunha fronte moi activa que traerá chuvias abundantes, especialmente intensas nas zonas máis occidentais. A medida que avance o día, as precipitacións serán máis intermitentes, pero pola noite non se descarta actividade tormentosa. Nas cotas máis altas, a chuvia dará paso á neve ao final da xornada.
As temperaturas experimentarán un lixeiro descenso, mentres que os ventos, de compoñente sur, soprarán con forza pola mañá, con refachos que poderían superar os 70-80 km/h. Xa pola tarde, perderán intensidade e virarán a suroeste tras o paso da fronte.
Alerta para o venres 21
As provincias de A Coruña e Pontevedra deberán prestar especial atención á chuvia, que poderá ser localmente forte. No mar, espérase unha situación complicada, con ondas que poderán superar os 5 metros, especialmente entre A Guarda e Estaca de Bares.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do oeste á noite, forza 6 a 8 á mañá, 4 a 5 á tarde e 2 a 4 á noite. Vaga á mañá, forte marusía á tarde e marusía á noite. Visibilidade mala á mañá, regular á tarde e boa á noite. Mar de fondo do sudoeste á mañá e oeste á tarde e á noite, con ondas de 5.5 a 6 metros á mañá, 5 a 6 metros á tarde e 5 a 5.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove


