Mar establece un protocolo de servizos esenciais para garantir a actividade portuaria pesqueira

16 Marzo 2020

A Consellería do Mar vén de elaborar un protocolo de servizos esencias que rexerá a actividade portuaria durante o tempo de vixencia das medidas especiais derivadas da emerxencia sanitaria provocada polo coronavirus. Dito protocolo oriéntase a garantir a actividade portuaria pesqueira, facilitando o subministro de servizos básicos aos mercados, e evitar a propagación do virus nos peiraos de titularidade autonómica.

O carácter fundamental do tráfico marítimo no abastecemento de mercados obriga a manter as actividades portuarias en condicións de operatividade para as que se fan necesarios os servizos básicos de vixilancia e control das instalacións. Desde Mar apuntan que, en particular, o protocolo céntrase nas tarefas dos celadores gardapeiraos, “figuras esenciais para garantir o bo funcionamento das tarefas pesqueiras e comerciais”, sempre dentro do respecto ás condicións de seguridade destes traballadores.

Así, o protocolo recolle que, pese a que as oficinas portuarias permanecerán pechadas ao público e a atención delas será telefónica, tódolos peiraos serán atendidos por, cando menos, un celador con capacidade de asistencia presencial para todas aquelas tarefas que non poidan desenvolverse de xeito telemático. Nestes casos, limitarase o contacto interpersoal e respectaranse as instrucións indicadas polas autoridades sanitarias. En canto aos elementos de uso común, serán convenientemente desinfectados antes da súa devolución á oficina ou almacén portuario para evitar posibles contaxios en posteriores usos.

Polo que respecta aos portos deportivos, durante a vixencia do estado de alarma polo COVID-19, a circulación de persoas e vehículos quedará limitada ás necesidades básicas. Deste xeito, a Consellería do Mar recomenda manter só servizos esencias en cada instalación e unicamente o persoal indispensable para realizar tarefas básicas coma o control das instalacións, amarre, subministro de auga, electricidade e carburante no seu caso. Os salóns ou estancias de uso común deberán permanecer pechados.

Finalmente, en relación ao servizo de practicaxe, manterase en caso de necesidade inevitable e para o seu desenvolvemento seguiranse tódalas directrices de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias.

Outros artigos

Luns con nubes e claros e choivas cara o serán

O luns será unha xornada de transición coa chegada dunha fronte pola noite. Así, teremos unha mañá de néboas en comarcas do interior que irán deixando ceos pouco nubrados, co avance da mañá irán aumentado as nubes desde o oeste, con chuvias que se irán xeneralizando...

+

Santos Oujo dimite do Ateneo Valle-Inclán

Na tarde deste domingo o presidente do Ateneo de Riveira, Santos Oujo Bello, comunica a súa decisión de dimitir da Asociación. ORDEN DEL DÍA REUNIÓN EXTRAORDINARIA DEL ATENEO DE RIVEIRA. 28/04/24. 20:00 horas en 1ª convocatoria. 20:30 2ª.1.- Lectura y aprobación del...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

“Rebélate, pois, se tés vontade. Fala, sente”. Antón Luaces

A frase non é -que máis quixera!- da miña autoría. Pertence ao escritor monfortino Lois Diéguez, quen na contracuberta da súa obra "As voces amadas" (publicada o ano pasado) dí: "... eu non son así, eu non son un móbil nin máquina ningunha. Rebélate, pois, se tes...

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

“25 abril medio siglo de historia II”. Manuel Dominguez

El sol acaricia suavemente los cristales de la ventana, las cortinas dejan pasar un hermoso rayo de luz, llego la hora. La plaza del comercio, donde se celebrarán los actos conmemorativos, allí haciendo las líneas de un cuadrado el pueblo portugués espera, espera para...