Sanidade dispón dun autotest con información sobre o coronavirus na web do Sergas

16 Marzo 2020

A Consellería de Sanidade vén de publicar, a través da páxina web https://coronavirus.sergas.es, que o Servizo Galego de Saúde dedica de xeito exclusivo ao coronavirus un autotest para que a cidadanía poida consultar síntomas e resolver dúbidas relacionadas con esta enfermidade.

Coa posta en marcha deste test interactivo, elaborado por persoal sanitario, manifestan que “proporciónase á poboación un sistema áxil e inmediato no que atopar información actualizada sobre cuestións relacionadas co coronavirus.” Ademais apuntan que, o feito de que o test personalice as respostas a través de preguntas concretas, “permite ofrecer recomendacións adaptadas á situación particular de cada persoa.”

O test, que está dispoñible en galego e castelán, presenta catro entradas que formulan as diferentes situacións que poden estar a vivir as persoas que o realizan, así como información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co coronavirus. No primeiro lugar está a opción para as persoas que teñan síntomas e que estean preocupadas porque cren que poida deberse ao COVID-19. Mediante o recoñecemento dos síntomas que presenta a persoa (tose, dificultade para respirar, febre maior de 38 graos ou sen síntomas) e dun sinxelo interrogatorio danse recomendacións ou indícase como acceder ao sistema sanitario para que sexa atendido por profesionais sanitarios.

A segunda entrada é para aqueles que se atopan illados ou confinados na casa. Neste caso, proporciónanse unha serie de indicacións sobre o que deben facer mentres permanezan na súa vivenda. Tamén se precisa o que deben facer no caso de que estean pendentes de que se lle tomen as mostras para saber se están contaxiados, se están á espera dos resultados das mesmas ou se empeorou a súa clínica desde o confinamento.

A terceira entrada informa a aqueles que deran positivo nesta enfermidade e ofrece as recomendacións a seguir mestres estean confinados ou no caso de que a súa clínica empeorase desde que permanecen no domicilio.

Por último, a cuarta entrada ofrece información sobre as dúbidas máis frecuentes acerca de temas relacionados co COVID-19.

Esta nova ferramenta de información e consulta súmase a outras iniciativas relacionadas coa atención a esta enfermidade, xa postas en marcha desde Consellería de Sanidade, coma o teléfono gratuíto 900400116 que nestes días incrementou a súa demanda asistencial ata nun 60%.

A Consellería de Sanidade solicita, unha vez máis, que se empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella chamar aos centros de saúde ou utilizar o referido número gratuíto, que vén de ser reforzado con máis persoal, para facilitar información xeral sobre o coronavirus. Neste número, pódense resolver as dúbidas dos cidadáns ao respecto e tamén consultar sintomatoloxía leve.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.