O Concello de Ribeira, a Fundación Rosalía e a rapazada dos colexios plantan en Santa Uxía unha “filla” da figueira da poeta

19 Febreiro 2025

Este mércores 19 de febreiro celebrouse en Ribeira unha das iniciativas máis destacadas da axenda do Concello destinada a conmemorar o Día de Rosalía de Castro, este domingo 23-F. O acto institucional consistiu na plantación dunha filla da figueira de Rosalía de Castro que a propia Fundación lle doou ao Concello de Ribeira por mediación de Anxo Angueira, presidente da Fundación e tamén membro da RAG. No acto estiveron presentes varios membros do Goberno local ademais do alcalde, Luís Pérez Rabal, rapazada de primaria de diferentes colexios e o gaiteiro de Ribeira, Alberto Millán que comezou o acto tocando a Alborada de Rosalía.

A continuación o académico mostrou o seu agradecemento por estar en Ribeira: “Veño dende Padrón e veño encantado e feliz de participar neste acto cheo de alegría, para min é unha honra ter parte activa neste acto plantando unha figueira que chegou dende Padrón a Ribeira da horta de Rosalía a este xardín de Ribeira que é un símbolo da irmandade entre a Casa de Rosalía e o pobo de Ribeira”. Angueira puxo en valor a colaboración que está tendo o Concello coa Casa de Rosalía xa que anteriormente a Administración local apadriñou a última edición da revista de estudos rosalianos, Follas Novas, e neste ano “tedes un conxunto de actividades extraordinarias, un exemplo para o resto de Galicia o que se está facendo en Ribeira con estas accións”. Rematou co desexo de “que esta figueira prenda en Ribeira como prende nos vosos corazóns de miniños e meniñas o amor á nosa lingua, o amor á nosa cultura, o amor a nosa terra”.

Por outra banda o rexedor sinalou ”esta árbore que arraigará nesta terra simboliza a memoria viva de Rosalía de Castro, unha das voces mais salientábeis do pobo galego”.

Pola súa banda, Pérez Barral falou dunha Rosalía pioneira e valente “porque nun tempo no que o galego estaba silenciado, decidiu escribir na nosa lingua, a lingua dos nosos avós e avoas, a lingua que hoxe falamos con orgullo. Rosalía ergueu a súa voz en galego cando outros calaban, e grazas a ela, hoxe temos unha herdanza cultural que nos identifica”. Tamén puxo en contexto a quebra na transmisión interxeracional: “Cómpre aplicar políticas e medidas que permitan promover o uso da lingua galega en todos os ámbitos, especialmente no educativo”.

Barral non esqueceu o compromiso e traballo cos máis humildes, tamén como persoa adiantada ao seu tempo na defensa dos dereitos das mulleres, “por iso, esta figueira é tamén un símbolo de resistencia, de dignidade e de esperanza. Que as súas raíces afonden no noso chan como as palabras de Rosalía afondaron no noso corazón. Que as súas pólas se estendan cara o ceo, como o exemplo de Rosalía segue a guiarnos cara un futuro de xustiza, igualdade e orgullo polo noso” e rematou: “Dende hoxe, Ribeira tamén é un concello que visibiliza o seu compromiso rosaliano e para lembrar a súa voz inmortal”.

O acto inaugural rematou co descubrimento dunha placa honorífica na compañía do himno galego.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.