Outes acolle este venres a presentación do novo libro de Carmen Rey Núñez: Lúa e o paxaro

19 Febreiro 2025

ULA Libraría Social (no 11 da rúa Capela de Outes) acolle este venres 21 de febreiro a presentación do libro Lúa e o paxaro (Toxosoutos), de Mª Carmen Rey Núñez. O acto literario dará comezo ás 19.00 horas.

Sinopse

Lúa é unha nena despistada e bulebule que vive cos seus pais nunha aldea do Barbanza e, segundo coidan na súa familia, desobediente. Raro é o día que non a castigan no cole. A hiperactividade que padece e ninguén lla detecta, impide que o seu maxín se centre nos estudos ou en cousas do cotián.

Porén, grazas á axuda dun paxaro que acaba de aterrar cabo dela e asegura chamarse don Tomás, a realidade, de aquí en diante, promete ser ben distinta. Vexamos, pois, como se desenvolve a historia da Lúa e o paxaro.

María del Carmen Rey Núñez (Mazaricos 1964) é unha gandeira e escritora galega que ten publicado libros tan destacados como Escapados (2017), ambientado na Guerra Civil, ou Mulleres (2018), onde conta as vidas de varias mulleres que loitan e que se opoñen ao que o destino lles quere deparar. Tamén é autora de Esconxuros para un rei, onde nos conta a historia de Zeltia, posuidora de capacidades precognitivas especiais, que é vendida polo seu pai e mais pola súa nai Xacinta (que por mor de ter o pelo roxo e pencas foxe da inquisición de Castela) a unha meiga da montaña de Lugo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.