A Pousada (Boiro), entre as salas que acollerán os concertos (medio centenar) da tempada impulsados pola Rede de Música ao Vivo

19 Febreiro 2025

A Rede Galega de Música ao Vivo, circuíto de concertos impulsado pola Xunta en seis salas privadas das catro provincias, atópase en pleno desenvolvemento do seu primeiro período de programación anual. Este período arrincou en xaneiro e estenderase ata primeiros de agosto para ofrecer 49 citas de 36 solistas e bandas galegas.

A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro, La Room en Ferrol, Club Clavicémbalo en Lugo, Guión Clube en Pontedeume, La Pecera en Vigo e A Arca da Noe en Vilar de Santos son os seis espazos que acollen esta variada oferta musical, integramente galega e con gran protagonismo feminino.

No que vai de ano, xa teñen actuado ao seu abeiro Valentín Caamaño, MJ Pérez, Espiño, Su Garrido Pombo, Sabela King & The Heartbreakers, Cora, Blues do País, Jay Doe & The Blues Preachers, Me & The Michaels, Sr. Salvaje, Marcos Mella e Roger de Flor.

A programación continúa en marzo cos directos de Cherry Sweet o día 3 e de Faltriqueira o día 7 no Clavicémbalo. Na sala La Room, haberá concerto de Valentín Caamaño o día 15 e de Blues do País o 22, mentres que, nestas mesmas datas, tocarán no Guión Clube Ataque Escampe e Músculo!, respectivamente. La Pecera programa The Lákazans o día 14, Blues do País o 15 e Espiño o 22. O 16 de marzo Alana actuará na Arca da Noe e A Pousada da Galiza Imaxinaria acolle a Martin Human o día 16 e PAVA o 29.

Catuxa Salom

Ata primeiros de agosto, moitos destes nomes volverán subirse aos escenarios da Rede Galega de Música ao Vivo, polos que tamén pasarán David Fermoselle, Anxo Araújo, Maricarme, Uxía, Habitación Vudú, Coanhadeira, Maraya Zydeco, The Spoonfuls, Sanny, Manu Gómez New Orleans Band, Fran Lage, Ukestra do Medio, Rockers Go to Hell, Antía Muíño, Moon Cresta, Catuxa Salom, Leria e Carabela.

Ataque Escampe

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.