A Oficina de Información ao Consumidor do Concello de Boiro atendeu no ano 2024 un total de 2.276 consultas

19 Febreiro 2025

O Concello de Boiro fixo balance da actividade en 2024 da súa Oficina de Información ao Consumidor, que se consolidou como un servizo imprescindíbel para a cidadanía e para resolver dúbidas, tramitar reclamacións ou presentar información ás persoas usuarias e consumidoras. A través del, foron atendidas no ano 2024 un total de 2.276 persoas. O Concello lembrou que se ben o ámbito de actuación da Oficina é Boiro e a comarca do Barbanza, tamén cubre as contornas de todos os concellos limítrofes e tamén da zona de Padrón, Dodro, Rois e ata Santiago.

Os obxectivos da Oficina de Consumo son informar, axudar e orientar a consumidores e usuarios para o adecuado exercicio dos seus dereitos; así como recoller e rexistrar queixas e reclamacións e remitilas aos organismos competentes; realizar actos de mediación entre persoas consumidoras e empresas; e elaborar escritos xudiciais e extraxudiciais.

As solicitudes atendidas no ano 2024 supuxeron a tramitación de 549 expedientes novos. As principais áreas nas que se realizan consultas na OMIC son por electricidade, telefonía fixa, banca e servizos financeiros, seguros e transporte aéreo; así como en compras de produtos, fundamentalmente automóbiles e electrodomésticos.

A Oficina de Consumo do Concello de Boiro está situada na Casa Consistorial e presta servizo de luns a venres en horario de 9.00 a 13.30 horas con cita previa. Máis información no enderezo electrónico consumo@boiro.org ou na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.