O ilusionista Martín Camiña estará este venres no Centro Social de Abanqueiro

19 Febreiro 2025

Este venres 21 o Centro Social de Abanqueiro vai dar acollida a un espectáculo de maxia do ilusionista Martín Camiña: o espectáculo J, K, W e Y, unha escolma de despropósitos. Será a partir das 20.00 horas e segundo confirmou o Concello as entradas poderanse adquirir na billeteira dende unha hora antes da función.

A función infantil e xuvenil  J, K, W e Y (maxia con prebe de lingua) é boa medida unha antoloxía da actualidade lingüística que pon o foco nalgunha das desfeitas máis destacadas de cantas están a ser perpetradas contra o galego, e son moitas (auspiciadas polas redes). Todo a través do humor, a maxia participativa e, tamén, a poesía. “Todo o que nunca imaxinabas: a nosa lingua e cultura penduradas do xeito de vida actual, a través dun acto cheo de intres con sorpresas, abraios e moitos sorrisos”, sinálase na ficha.

Martín Camiña é un presentador, mago e prestidixitador galego que malia a súa xuventude atesoura xa unha máis que recoñecida traxectoria como ilusionista, amais de ter recibido o terceiro Premio Nacional de Maxia de Cerca (Donostia, 2002) e máis a terceira posición no Congreso da Asociación Portuguesa de Ilusionismo (Albufeira 2007).

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.