“Beber, un hábito social que desfai vidas en común e mata”. Antón Luaces

18 Febreiro 2025

Por tomar unhas copas nun “after” con máis clientes dos autorizados, cinco dos ocupantes deste local situado nun dos barrios máis novos da cidade da Coruña -Mato Grande- deben pasar polas instancias xudiciais e catro policías locais que participaron no desaloxo, polas dependencias médicas. Os primeiros (entre eles un home e dous fillos seus, e unha parella) por resistencia á autoridade, e os policías como consecuencia da agresión da que foron vítimas cando desaloxaban por orde policial o devandito local de copas. Segundo a veciñanza, unha proba da degradación que padece dende vai algún tempo este barrio que conta cunha poboación maioritariamente xove.

Esta situación non é nova na cidade coruñesa, xa que logo viña producíndose con relativa frecuencia na praza de Vigo (onde xa non se repite) e na zona do Orzàn, onde ruídos, pelexas e incumprimentos de horarios estaban á orde do día. 

Noutras cidades máis pequenas reprodúcense os feitos, como moi ben se pode comprobar, sen ir máis lonxe, na comarca do Barbanza. E todo co alcol coprotagonizando os eventos xusto cando se fala de que descende notablemente o consumo de bebidas, nomeadamente entre os xoves. U-lo?.

E algo de certo debe haber, posiblemente por mor da desaparición dos tan concorridos “botellóns” de masiva participación xuvenil e rapaces de entre 12 e 14 anos, algúns deles ingresados en centros hospitalarios con  síntomas evidentes de ter superadas as “marcas” estipuladas como admisibles no consumo etílico.

Que fai que a mocidade retorne ao consumo desaforado de bebidas alcòlicas e que estas a leven mesmo a agredir ás forzas de orde pública que ten a obriga de desaloxar os locais que incumpren as normas de convivencia cidadá non respectadas por aqueles que chegan á  agresión dos axentes da orde?.

En teoría, o consumo per cápita e os consumidores que beben diariamente, ao igual que o consumo de alcol, van en descenso en España. Mesmo se constata a tendenza á sobriedade, ainda que a bebida segue moi presente.

Estamos afeitos a brindar por calquera cousa: en Galicia o brinde vai do ganchete co nacemento e da man da morte. O alcol ten un posto de privilexio nas casas, e a cultura vinícola acada aquí e nestas datas a condición de patrimonio inmaterial. 

É certo, din os datos, que a botella é menos protagonista cada día na vida dos galegos; as estatísticas sinalan que os adolescentes beben menos ca seus pais ou irmáns maiores e que descende o número de xoves que se embebedan. Máis sendo así, que é o que move a condutas como as descritas anteriormente, protagonizadas por pais e fillos que poden

 verse en leas que, supostamente, non se producirían de non estar o alcol polo medio?. 

Segundo o secretario de Estado de Sanidade, “o consumo de  alcol está tremendamente xeralizado no conxunto da poboación”. Máis do 92% dos españois entre 15 e 64 anos afirman telo tomado nalgún momento da vida, e máis da metade dí telo feito no último mes. Máis dun 10% de españois entre 35 e 54 anos recoñecen consumir diariamente alcol. 

Algo máis que hábito social?. 

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.