“Alonso Montero” – Xulio Xiz

18 Febreiro 2025

Veño de asinar nun grupo de Whatssap a miña conformidade – e o meu entusiasmo – porque Alonso Montero e Rafael Vega sexan fillos adoptivos da cidade de Lugo, xa que se algo hai que lamentar é ter que agardar que Alonso teña cumpridos 96 anos, e que pasaran 88 anos desque Vega Barrera caera abatido por balas infames, partindo da crenza de que todas as balas son infames, por principio.

Que Vega Barrera merece ser fillo de Lugo, cando xa ten unha rúa, un busto, e o recordo dun home bo atrapado nun tempo tétrico, non o discute ninguén, e todos os grupos políticos están de acordo.

Que Alonso Montero é tan lucense como o Arde Lucus, un pouco menos que a Muralla, é dogma de fe. Que no seu tempo lucense, conflitiva etapa social, espertase suspicacias policiais, a correspondencia lle chegase despois de coidadoso escrutinio, fose fonte de galeguidade e impulsión da escrita, e todos os poetas de Lugo que agora teñen sesenta e tantos lle recoñezan a paternidade poética, é aval abondo para declaralo lucense súbito en caso de urxencia, e lucense egrexio no seu caso.

Certo que son seu amigo, e que o atúo inconscientemente pero con todo o respecto do mundo, doéndome de que non fose o meu mestre vendo como o admiran, reverencian, os antigos alumnos, consagrados poetas, que ven nel a mellor representación da autoridade, santidade laica, encarnación do verbo galego.

Aplaudo á alcaldesa socialista por propoñelo; á presidenta do P.P. por apoialo, e respecto pero non comprendo a postura do BNG. Sei que lles ha de pesar, ou pouco entendo – que entendo pouco – do que acontece nun país que Alonso Montero fixo un pouquiño máis grande.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...