Os premios do Concurso de Disfraces de Outes veñen cunha contía de case 3.000 euros

17 Febreiro 2025

O tenente alcalde e concelleiro de cultura de Outes, Anxo Núñez Fernández, presentou a edición deste ano de dous dos grandes acontecementos locais destinados a festexar o Entroido: o Enterro da Sardiña e o Concurso de Disfraces.

Segundo fixo saber, o Concello repartirá 2.970€ entre as propostas gañadoras seguindo unhas bases actualizadas “aos tempos de hoxe en día”, sinalou o concelleiro, ao tempo que animou a toda a veciñanza e visitantes a “participar e desfrutar do Entroido no noso concello”.

Engadiu que o programa inclúe programación para os máis cativos da familia así como o tradicional desfile e o Enterro da Sardiña, O Pipión.

Quen precise máis datos sobre a axenda do Entroido e as bases do Concurso de Disfraces (e tamén descargar a folla de inscrición), pode consultar a web municipal.

O 1 de marzo será a quenda da festa do Entroido para os máis cativos, a partir das 17.30 no Pavillón da Serra. Haberá obradoiros creativos, inchábeis, minidisco, photocall e ás 19.00 o espectáculo Bailando de Animarte.

O 5 de marzo celebrarase o Enterro da Sardiña e o Concurso de Disfraces, ademais do desfile polas rúas da Serra. Ao remate do desfile amenizado pola charanga Os Jalácticos, con saída da praza de Galicia e remate na praza do Bosque, onde será queimada a Sardiña, farase entrega dos premios e celebrarase a chocolatada.

Respecto dos requirimentos do Concurso, as inscricións de persoas, grupos e comparsas pode facerse de forma presencial no Rexistro do Concello ou enviando a folla de inscrición ao correo animacion@outes.gal até o 3 de marzo. Haberá catro modalidades: infantil (1 ou 2 nenas/os de até 12 anos até 12 anos), individual (unha ou dúas persoas sen límite de idade), grupo (cun mínimo de tres e un máximo de 8 persoas) e comparsas (formadas por 9 ou máis persoas). Valorarase a orixinalidade dos disfraces, o grao de elaboración e o carácter humorístico, entre ouros parámetros. Haberá premios para os catro primeiros clasificados de cada categoría, en total repartiranse 2.970 euros.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.