O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, reuniuse en San Caetano co alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, para avanzar na colaboración na programación do Ano Castelao con este municipio coruñés do que era orixinario o intelectual galeguista.

Con este obxectivo, o representante de Cultura do Goberno galego trasladoulle ao rexedor de Rianxo á disposición da Xunta a integrar o concello na ampla programación que vai desenvolver para enxalzar esta figura senlleira da política e cultura galegas, co gallo do 75 aniversario do seu pasamento. Ao respecto, avanzoulle a posta en marcha dunha exposición virtual na Cidade da Cultura, o desenvolvemento de actividades para dar a coñecer a súa obra e figura nos colexios galegos e a publicación das dúas versións existentes da emblemática peza teatral Os vellos non deben namorarse.



