En marcha a nova convocatoria (a XXIX) do Certame de Poesía Francisco Añón

17 Febreiro 2025

A Área de Cultura do Concello de Outes, no marco do do seu compromiso por “promover os valores creativo-literarios na nosa lingua”, compartiu as bases da nova edición, a XXIX, do Certame de Poesía Francisco Añón, que xa está en marcha celebrando novamente a figura do ilustre escritor do concello, autor do Rexurdimento e un dos precursores da lingua galega.

Poderán participar nel todas as persoas que o desexen e que presenten os seus traballos en lingua galega. O prazo de presentación remata o 1 de abril.

Haberá seis categorías.

Establécense as seguintes categorías e premios por idades:

-Categoría A: Nenas e nenos de 6 a 7 anos.

1º Clasificado: vale de 150 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría B: Nenas e nenos de 8 a 9 anos.

1º Clasificado: vale de 180 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría C: para nenas e nenos de entre 10 e 11 anos.

1º Clasificado: vale de 210 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría D: para rapazas e rapaces de entre 12 e 14 anos.

1º Clasificado: vale de 240 euros en libros e publicación da obra galardoada.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría E: mozas e mozos de 15 a 17 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 480 euros e publicación da obra.

Accésit: publicación da obra.

-Categoría F: maiores de 18 anos.

1º Clasificado: transferencia bancaria por valor de 1.500 euros e publicación da obra gañadora.

Accésit: publicación da obra.

Palmarés da edición anterior

O Concello de Outes celebrou o pasado venres 17 de maio, Día das Letras Galegas, a gala da XXVIII edición do Certame Francisco Añón de Poesía. Foi un acto para celebrar “a nosa cultura” e “honrar a memoria do poeta máis senlleiro do concello”, sinalaron dende a Área de Cultura que dirixe Anxo Núñez.

A gañadora da categoría de adultos na edición anterior, Naila González, presentou (De)catarse. O gañador desta sección na edición actual foi Vicente Vázquez con Oconto da leiteira. Vicente recibirá 1.500 euros en metálico ademais de ver publicada a súa obra. O xurado destacou da súa contribución estar “cargada de saber popular, cun estilo coherente e un aquel místico que supura naturalidade”. Ademais, concedeulle un accésit a Paulo Vilar por Un día de febreiro.

Outros artigos

Ribeira iza a súa quinta Bandeira Verde

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, xunto ao concelleiro de Medio Ambiente, Víctor Reiriz, izaron hoxe no paseo marítimo de Coroso a quinta Bandeira Verde de Galicia que recibe o municipio por quinto ano consecutivo. Esta distinción fundaméntase nun total de 11...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.