Outes celebra a Rosalía de Castro con degustacións do Caldo de Gloria nos establecementos hostaleiros locais (os días 22 e 23 de febreiro)

17 Febreiro 2025

Este domingo 23 de febreiro celebraranse os 188 anos do nacemento da nosa ilustre escritora do Rexurdimento: Rosalía de Castro. O Concello de Outes, a través do servizo de Normalización Lingüística, quixo colaborar coa hostalaría local para celebrar novamente este importante aniversario para a nosa cultural, e fíxoo convidando aos establecementos que o desexen a ofrecer a vindeira fin de semana unha cunquiña de caldo ou tapiña de cocido, de maneira gratuíta, para lembrar o Caldo de Gloria,do que nos falaba Rosalía no seu poema Miña casiña, meu lar, publicado no libro Follas novas (1880), no que unha muller pobre conta como consegue sobrevivir á fame, facendo un humilde caldo de gloria e un bolo do pote.

O concelleiro de cultura, Anxo Núñez Fernández, incidiu en “agradecer aos establecementos que se adheriron este ano ao Caldo de Gloria para desfrutar, coa veciñanza, da nosa gastronomía mentres se difunde a obra de Rosalía tamén nos nosos establecementos locais, será unha maneira distinta e efectiva de achegar a nosa cultura a toda a cidadanía”. Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Soledad Agra, convidou “a toda a veciñanza e visitantes doutros concellos lindeiros a que se acheguen e veñan celebrar connosco a nosa poeta nacional”.

Os concelleiros enumeraron os bares e restaurantes que participan nestas Xornadas Gastronómicas Rosalianas e que ofrecerán o sábado 22 esta tapa. Trátase de A Nosa Taberna, John Turkey, Casa Amanda, Mesón O`Portelo, Restaurante Areal, a Taberna do Pesco e o Restaurante A de Vila. Outros establecementos decidiron ofrecer este caldiño os dous días da fin de semana: o sábado 22 e o domingo 23 de febreiro. Falamos do Restaurante Viña, O Taboleiro, O Albatros, A d`Marilús, Restaurante Casa de Roque e a de Suso.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.