Cancelada a presentación en Boiro de A casa xunto ao volcán

16 Marzo 2020

A fin de semana que vimos de deixar atrás pasará á historia pola inxente cantidade de eventos e actividades que tiveron que ser suspendidos, na nosa comarca, por mor das medidas para controlar o avance do COVID-19. Isto afectou a todo: aos eventos máis multitudinarios (por exemplo o concerto dos Heredeiros da Crus, previsto para o sábado na Pousada de Boiro) e aos que tiñan un cariz máis íntimo e recollido. Por exemplo a presentación da nova novela do escritor rianxeiro Xosé Ricardo Losada, publicada por Galacia: A casa xunto ao volcán.

A presentación ía celebrarse o venres na libraría Espazo Lector Nobel de Boiro, co presenza do autor, a libreira Rosa Tubío, a editora Malores Villanueva (Editorial Galaxia), o profesor e escritor X. Manuel Lobato e o profesor e historiador Pedro García Vidal. Segundo fai saber a libraría boirense, comunicarase en datas vindeiras unha nova convocatoria, cando a situación de confinamento e restricións derivada das medidas para frear a pandemia se normalice.

Lembrar que A casa xunto ao volcán, un dos grandes éxitos da tempada literaria galega, foi recoñecido co segundo Premio Viadutos de Novela 2019.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.