“O púlpito que nos leva (II)”. Antón Luaces

16 Febreiro 2025

O pasado 11 de agosto tiñamos a oportunidade de publicar este artigo que hoxe repito porque as circunstancias, lonxe de mellorar semellan  ir a pior. 

A situación, nen moito menos vai por vieiros que conduzan a un lugar feliz. Europa vive con jntranquilidade o seu día a día, e de USA non chegan boas novas: o goberno de Donald Trump non permite espectativas gratificantes: onde non hai un antivacinas hai un empresario que, por medio da política quer poñerse o mundo por monteira, e non satisfeitos con esto, sentan no Despacho Oval a quen, con máis dólares que sentido común fai dos Estados Unidos de América unha zarapallada que non pode levar a ningún bo porto a este barco do mundo que perdeu o leme e navega sen rumbo. 

Perdida a derrota, só queda lembrar o que fomos e laiarnos polo que perdemos por non saber facer, ao tempo que chorar coma canciños polo que non soubemos defender coma persoas conscientes do quje nos xogabamos no envite.

Velaí o que diciamos nos calores agosteños do ano pasado: 

“Cando os sacerdotes deixaron de se subir ao púlpito para espallar as súas proclamas relixiosas e, en ocasións, socio-políticas que para nada resultaban do agrado do franquismo imperante, e a misa comezou a se celebrar en Galicia de primeiras en castelán e, opcionalmente en galego no canto do latín, os católicos -practicantes ou non- comezaron a entender que algo mudaba para ben na relación pastoral.

Medio século máis tarde, aqueles púlpitos abandonados foron “okupados” de lonxe por persoas, entidades e sociedades que volven hoxe en día ás proclamas abandonadas nas que xa non é Deus ou Xesús Cristo a primeira referencia que activa o ser ou non ser do receptor da mensaxe. Non, agora impera a proclama política, nomeadamente de partidos significativamente escorados cara aquel franquismo que a democracia “ocultou” facendo que a maior parte da cidadanía española chegara a considerar que aquela frase de Franco Bahamonde (que fora “Caudillo de España pola G. de Dios”) segundo a que aquí todo estaba “atado e ben atado” ía servir para que os que nela (España) viviamos seguiriamos facéndoo en paz e liberdade e sen termos en conta que o franquismo durmía baixo sete mantas e dous edredóns (un de verán e outro de inverno) que agardaban o momento preciso de deixar o agocho para amosar as primeiras consecuencias dos anos de disimulo.

O mesmo pasou en Francia, e na actualidade en Inglaterra e Alemaña. Todos estes, países de emigración onde, ata vai pouco tempo, o rexeite do migrante ou non existìa ou non se manifestaba porque a sociedade non percibía males maiores. Menos aínda en España, onde na práctica non existe familia algunha que non teña entre os seus membros algún emigrante.

Pero é aquí precisamente, no noso país, onde dende fai algúns anos, se evidencia unha postura de rexeitamento de todo aquelo que, malia ser vínculo propio, recibía un trato que semellaba impensable: racismo, rexeite de estranxeiros (xenofobia),emigrantes. De xeito especial, os procedentes de África, aos que ese franquismo soterrado culpabiliza de todo canto de malo hai ou pode haber na España que “a eles” lles preocupa. 

Hai racismo en España?. 

Esta pregunta xa se facía en moitos lugares nos anos 60, referíndose aos xitanos. Pero o franquismo nunca aceptou tal cuestión malia a evidencia da existencia de “guetos”: nunca a convivencia entre “paios” e “xitanos” foi unha realidade, por máis que tampouco as autoridades de toda caste admitiron na España de Franco que os xitanos eran discriminados. E sí que o eran, do mesmo xeito que estratos da sociedade española, empurrados por determinadas formacións políticas -algunhas delas con poucos anos de vida e con representación actual en concellos, deputacións, comunidades autónomas e no Parlamento  nacional- que teñen acceso a medios de comunicación que os apoian, mobilizan este sentimento de rexeite mesmo en emigrantes españois noutras comunidades autónomas que non admiten de bo grao ter  que compartir con “sudacas”, rumanos, mouros, negros, etc., traballo e convivencia en vivendas sociais ou edificios con pisos de aluguer.

Neste caldo de cultivo removen os mencionados partidos políticos aqueles sentimentos para min ocultos no franquismo. Na actualidade marcados directamente por acusacións non sempre, nen moito menos, demostradas. E a dereitización evidente das políticas en distintos países da nosa contorna non necesariamente poden xustificar semellantes actuacións contrarias a unha convivencia máis que necesaria.

As mantas e os edredóns de antano no poden seguir a tapar un franquismo solapado supostamente finiquitado en 1978″.

Reflexionemos, porque é moito o que nos xogamos coma cidadáns do mundo.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.