“Os titulados náutico-pesqueiros esixen o uso a bordo dos pesqueiros de medidas axeitadas en climas adversos”. Antón Luaces

15 Febreiro 2025

Na mencida deste venres, 14 de febreiro, á unha aproximadamente, a canle 2 de TVE emitía unha ampla e magnífica reportaxe, realizada por traballadores da citada televisión pública, sobre o traballo que na Antártida levan a cabo investigadores españois -civís e militares- nun seguemento constante da evolución daquel continente no que conflúen estudosos de distintos -entre eles España, Rusia, USA, Chile, Arxentina, China, Reino Unido, etc.- que, no  medio de tormentas constantes de vento e frío, non só levan a cabo os seus propios programas de traballo, senón que colaboran estreitamente para, a non moita distancia entre os poboados que os acubillan -construidos polos respectivos países- emitir informes que explican a evolución da vida (nomeadamente a animal) nunhas condicións climáticas en ocasións case que imposibles de aportar polos humanos.

Entre os españois aló desprazados, varios biólogos e investigadores, así como militares e tripulantes galegos do buque de investigación oceanográfica do CSIC “Hespérides”, cuxas roupas -perfectamente adaptadas ás circunstancias daquelas nevadas terras- trouxeron á miña memoria relembranzas dos mariñeiros de Galicia que cantas veces deixaron as súas vidas en caladoiros de pesca (moitos deles bautismados con nomes da nosa terra) que reclamaban a berros traxes de supervivencia compatibles co traballo a bordo e medios de salvamento aos que recorrer en caso de naufraxio. Medios polos que claman, coma no deserto, os mariñeiros e que as empresas pesqueiras non adoptan diante dese mirar sen ver das autoridades nacionais e autonómicas.

Unhas horas antes da emisión en TVE desa interesantísima produción de referencia, a Asociación Española de Titulados Náutico-Pesqueiros (AETINAPE) emitía un comunicado no que, unha outra vez,  demandaba a aplicación de medidas preventivas e de seguranza dos tripulantes dos buques pesqueiros españois que faenan en caladoiros de alto risco, por mor das duras condicións climatolóxicas e a frialdade das augas que fan necesarios equipamentos de tecnoloxía punta, botes de rescate insubmerxibles moito máis eficaces que as balsas salvavidas actuais, etc.

Lembran tamén os titulados náutico-pesqueiros a obriga do recurso de navegar á capa ou dirixirse a porto no caso de se rexistrar no mar condicións metorolóxicas adversas, aplicando deste xeito normativas que xa son de aplicación en distintos países europeos e que, mesmo en España, eran de obrigado cumprimento vai 50 anos. 

Ao mesmo tempo, AETINAPE láiase de que as autoridades de España non vaian máis alò do feito após a traxedia do pesqueiro de Marín “Villa de Pitanxo”, afundido vai tres anos en augas de Terranova, accidente no que morreron 21 dos seus 24 tripulantes. 

Esixe AETINAPE consenso entre o sector e a administración pesqueira para que se combinen  as condicións de competitividade coa imprescindible mellora na seguridade das tripulacións. Condicións estas que, por outra banda, tamén  poderían incidir positivamente na remhds xeracional que a patronal do sector dí rexistrar. 

Outros artigos

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

+

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.