Lingua e Xuventude lanzan a 14ª edición do certame en liña Lingua de Namorar

14 Febreiro 2025

O secretario xeral da Lingua, Valentín García e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron este 14 de febreiro, coincidindo coa celebración de San Valentín, a 14ª edición de Lingua de namorar, o certame en liña que promove entre a mocidade o uso da lingua galega entre a mocidade e en redes sociais a través de mensaxes de amor.

Lembraron que estamos ante unha iniciativa que conta con tres categorías (dúas para a web e unha exclusiva para a rede social Instagram) e convidaron á mocidade a achegar as súas mensaxes que serán recibidas ata o 17 de marzo e que deberán estar escritas en galego, ben sexa en prosa ou en verso.

Para participar a través da páxina web as persoas participantes terán que presentar un formulario de inscrición no portal propio do certame. A primeira modalidade é para a mocidade de 14 a 19 anos, mentres que a segunda abrangue o tramo de idade dos 20 ata os 35. As mensaxes que participen nestas dúas primeiras non deberán superar os 350 caracteres e serán publicadas na páxina do concurso, identificadas polo título e o número que se lles asigne. As declaracións de amor gañadoras serán as únicas que, posteriormente, se identifiquen co nome e apelidos dos autores.

Pola súa parte, a modalidade exclusiva para Instagram, está aberta a toda a mocidade desde os 14 aos 35 anos, que poderá participar directamente na imaxe habilitada para o concurso no perfil @xuventudegalicia. Neste texto indicarase, en primeiro lugar, un cancelo que recolla o título e, a seguir a mensaxe de amor. Ao final da dita publicación engadirase tamén o cancelo #LinguaDeNamorar. Ademais diso, as persoas participantes deberán etiquetar dúas amizades da rede social e seguir as contas @linguagalega e @xuventudegalicia, sen exceder os 200 caracteres nas mensaxes.

Fase de votación e persoas gañadoras

As dúas primeiras categorías contarán con dúas fases de selección. Na primeira delas, do 18 ao 23 de marzo, as persoas que o desexen poderán votar polas súas mensaxes favoritas na páxina do concurso, previo rexistro nesta. Despois, o xurado elixirá as propostas gañadoras entre as 50 máis votadas de cada sección.

No caso dos textos presentados en Instagram, o xurado fará unha preselección de seis mensaxes de entre todas as presentadas e, posteriormente, do 1 ao 6 de abril, o público poderá votar pola súa favorita. Rematado o prazo de votación computaranse os gústame que reciba cada mensaxe e gañará aquela que acade o maior número de gústame por parte do público.

A listaxe cos nomes das persoas gañadoras e finalistas nas tres categorías publicarase o 11 de abril tanto nas páxinas web de Xuventude e no Portal da Lingua Galega como nos perfís de Instagram @xuventudegaliciav e @linguagalega. A persoa autora da mensaxe gañadora a través da rede social poñerase en contacto coa organización antes do 22 de abril para reclamar o premio e facilitar os datos de contacto.

Premios e cerimonia de entrega

No que respecta aos premios, establécense tres por cada unha das modalidades web. Os primeiros recibirán unha tableta, os segundos un altofalante bluetooth e os terceiros uns cascos sen fíos. Pola súa parte, a de Instagram terá unha única persoa gañadora que recibirá unha tableta. A data da cerimonia de entrega dos premios, esta publicarase no espazo web específico deste concurso, onde tamén se poderán consultar as bases completas para participar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.