“Portugal recoñece a afectación na pesca dos parques eólicos mariños”. Antón Luaces

13 Febreiro 2025

A Xunta de Galicia cala. O Goberno de Madrid garda silencio. Máis Lisboa fala claramente cando explica as consecuencias que vai ter para a pesca a creación na costa atlántica do país veciño dun parque eólico mariño de, inicialmente, 2.711 quilómetros cadrados de superficie.

Artes de pesca coma o arrastre de fondo ou aparellos de cerco e algúns de enmalle, son incompatibles coa produción de enerxías renovables mariñas, segundo as súas conclusións.

Sen pretendelo, Portugal da un aviso a Galicia que nace no seo das súas organizacións pesqueiras após a aprobación vai unha semana do Plan de Afección das Enerxías Renovables Offshore (PAER) acordado polo Consello de Ministros luso. Este Plan prevé a creación de zonas marítimas fronte á costa oeste do continente para a produción de enerxías renovables en alta mar, nunha aplicación especial en tecnoloxía eólica flotante. 

A Resolución HO 19/2025 dese Consello de Ministros, recolle que “en canto ás preocupacións do sector pesqueiro co establecemento de zonas para a produción de enerxías renovables  mariñas, en particular aquelas baseadas en tecnoloxía eólica, as nove reunións celebradas con asociacións e organizacións de pescadores máis afectadas pola aprobación do PAER, permitiron identificar as limitacións deste Plan na pesca e propor medidas de mínimis”. 

A Resolución  determina que as artes de pesca como o arrastre de fondo, os aparellos de cerco e algúns outros de enmalle, “son incompatibles” e “non poden realizarse” dentro das áreas nas que determinados proxectos de enerxía renovable de orixe ou ubicación oceánicas, “particularmente en parques eólicos instalados”, como sería o caso de Galicia.

Dí máis: os buques cuxa actividade estea restrinxida “non deberán trasladar a súa capacidade  pesqueira a lugares nos que normalmente non pesca”. Para elo o PAER contempla medidas tendentes a minimizar os efectos destas limitacións na pesca comercial.

Á vista do lexislado polas autoridades portuguesas, semella indiscutible que a eólica mariña non vai ser inócua para o sector pesqueiro da zona cantábrico-noroeste, nomeadamente a costa da comunidade autónoma galega, onde máis forza fixo ata o de agora o devandito sector para tratar de evitar a instalación dos xa aprobados parques mariños eólicos e outros que poderían ser aprobados no futuro nos mesmos caladoiros nos que faena a cotío a frota de baixura ou do dia

Outros artigos

“Indefensión frente a la nesciencia”. José Fernández Lago

Soy un ciudadano de a pie, que no entiendo el organigrama gubernativo. Cierto que me siento con el derecho de considerar que los que ostentan algún tipo de cargos deberían tener los estudios oportunos, y no simplemente facilidad para comunicarse entre ellos y para...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

“Sánchez y la fuerza del amor” – José Antonio Constenla

Hay amores que mueven montañas y otros que, a juzgar por lo visto en Fuenlabrada, aspiran a mover algo más delicado: la opinión pública. Pedro Sánchez y Begoña Gómez se besan, bailan y se dedican un “Que lo escuchen, te quiero” ante los asistentes a un mitin del PSOE....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.