“Onde os homes e mulleres foron raqueiros sen o ser: a Costa da Morte” – Antón Luaces

09 Febreiro 2025

Cunha impresionante ilustración (imaxe) de Enrique Messeguer, a Real Academia Galega (RAG) publica na sección Dirán que din un estudo relacionado coa natureza da verba “raqueiro”, a cuxo uso vincula as “fabulacións” de orixe galega e que recoñecemos nas “persoas que provocan o naufraxio dunha embarcación, xeralmente atraída cara a costa mediante sinais falsos para aproveitar as “crebas” (beneficio da recollida dos restos de posibles naufraxios acontecidos no litoral).

Curiosamente, no Barbanza -nomeadamente en Ribeira- ser un raqueiro era ser un ladrón -tamén denominado “ladro” ou, en feminino, ladra. O termo raqueiro, sen embargo, non se empregaba para sinalar a quen roubaba senón a aquel que, citado no castelán raquero, apuntaba a aquela persoa que se apoderaba do alleo e que foi a definición que coñecín na Santa Uxía dos anos 50 do século pasado e que decaeu poucos anos máis tarde (posiblemente nos anos 60 e por non ser utilizada).

Había daquela algunhas persoas que na xa oficialmente cidade se supoñía eran “dadas ao alleo”, motivo polo que se lles cualificaba de raqueros ou raqueras. E como a tales os trataban tanto a veciñanza coma os únicos representantes da autoridade policial: Garda Civil e Policía Municipal (popularmente denominados estes “municipais”).

Fai referencia no seu estudo a RAG ao investigador Jesús Ángel Sánchez García, que estudou a fondo a fala dos veciños da zona comprendida entre A Coruña e Noia para saber a que definición lexicográfica obedece máis o dito: á lénda ou á realidade.

Engade que o investigador aforrou non ter atopado documentación que certificara “que houbo varamentos provocados por manobras perversas desde terra” (e sen embargo o raqueiro ou raqueira estaban recoñecidos coma definición de persoas que, en Ribeira e proximidades, practicaban un tipo de actividade para a que se valían de  vacas ou cabalos sobre os que situaban -ou estas “turraban” (guindaban)- dunha pequena fogueira que trasladaban polo bordo litoral de tal xeito que no ir e vir, facían pensar aos navegantes que eran boias ou faros (fachos) que, pretendidamente, os guiaban afastando as embarcacións da perigosa costa, como na realidade pretendían  porque, disque, verdadeiramente buscaban o encallamento do barco para se facer co que este transportaba, sen desbotar a posibilidade de matar aos tripulantes para deste xeito evidenciar a existencia dun accidente e, porén, poñer en práctica o dereito de quebras ou crebas (ius naufragi) que outorgaban aos raqueiros os beneficios da recollida dos restos dos posíbeis naufraxios.

Para o autor do estudo, o substantivo raqueiro ten unha orixe incerta, aínda que podería gardar relación con vocábulos ingreses, irlandeses ou islandeses que se empregaban para se referir a recoller (algo) cun angazo, que se podería relacionar á súa vez coa acción de recoller obxectos perdidos na costa. 

Sexa como for, o raqueiro ou raquero queda praticamente perdido na historia do mar. Xa nin sequera se cita nos dicionarios de uso cotián, por máis que os vellos mariños e mariñeiros o lembren.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.