O núcleo de Outeiro (Araño) xa conta con firme renovado

08 Febreiro 2025

O Servizo de Obras do Concello de Rianxo vén de executar a renovación do firme con asfalto en quente na aldea de Outeiro, na parroquia de Araño.

A vindeira semana o Servizo de Obras comezará os traballos para renovar o firme no núcleo de Adadelos (Asados), así como no acceso ao núcleo de Somoza (Asados).

En paralelo, o Concello engadiu que os vindeiros días levaranse a cabo tamén traballos de asfaltado nos núcleos da Casilla (Araño) e Vilas (Asados), logo de que nos meses previos se ampliara a rede de abastecemento e saneamento nestes lugares.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.