Ribeira aproba o Plan de Obras e Servizos por valor de 1,7 millóns de euros

07 Febreiro 2025

Este xoves 6 de febreiro celebrouse o pleno extraordinario onde se aprobou a proposta do POS+ 2025 por 11 votos a favor do BNG, PBBI e PSdeG e 10 abstencións do PP.

Luís Pérez Barral, alcalde de Ribeira

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez, a Deputación subiu a contía inicial deste plan até os 100 millóns de euros e mostrou a súa confianza en que ao longo de 2025 “haxa unha contía final que estea por volta dos 115 millóns de euros”. Este investimento, dixo, “que fai a Deputación da Coruña nos 93 concellos da provincia, supera os 113 millóns de euros que a Xunta destina a través do Fondo de Cooperación Local e que leva conxelado unha década”.

Para o rexedor, esta “significa moito para os concellos xa que supón o reparto de fondos mediante criterios obxectivos e transparentes”, así pois un 10% distribúese mediante cota fixa, un 5% é por esforzo fiscal, un 15% por número de parroquias, un 35% pola poboación e outro 35% pola superficie do municipio, comentou, engadindo que o Goberno ribeirense impulsou unha consulta aos veciños e veciñas no comezo do presente ano coa intención de dotar á veciñanza dunha canle participativa, que “tivo moi boa acollida, con máis de 300 peticións”, dixo.

Alén desta acción, desenvolvéronse xuntanzas periódicas do Goberno nas distintas parroquias do municipio durante o ano: “Tivemos en conta a participación da cidadanía a través da consulta pública, o que nos permitiu escoitar directamente as propostas e necesidades de cada parroquia. Grazas ás achegas, fomos quen de identificar as prioridades que agora se reflicten nestes proxectos e aquelas que non tiveron encaixe neste plan, traballaremos para que poidan telo no Orzamento ou noutras subvencións que poidamos conseguir. Isto demostra o noso compromiso cunha xestión transparente e participativa”, sinalou Pérez Barral.

Analizando a proposta polo miúdo, no correspondente ao financiamento do gasto corrente para servizos públicos, suma un total de 797.000 euros. O rexedor, Luís Pérez quixo aclarar ao respecto: “Este equilibrio é fundamental para manter en funcionamento os servizos municipais sen descoidar o desenvolvemento de novas infraestruturas que impulsen o crecemento e melloren a calidade de vida da veciñanza”.

O rexedor lembrou como os servizos públicos básicos como saneamento, limpeza ou iluminación “incrementaron o seu custo de prestación en 1,6 millóns de euros” e “grazas a destinar eses preto de 800.000€ tamén fomos capaces de non subir impostos aos veciños e veciñas”.

O rexedor destacou que o 90% da contía destinada a investimento vai para as parroquias porque segundo declarou, dende o Goberno local preténdese mellorar a calidade de vida da veciñanza. “O groso dos investimentos destínanse a servizos esenciais como auga, saneamento e pavimentacións que permiten garantir que todos os veciños e veciñas teñan acceso a infraestruturas de calidade, con indepedencia da parroquia na que vivan porque a día de hoxe existen actuacións que é preciso recoller para seguir ampliando a rede destes servizos”.

Listaxe de actuacións

Saneamento

Ampliación do saneamento en Cristal (Olveira) con 43.000€.

Ampliación do saneamento no lugar de A Ponte (Artes) con 67.000€.

Ampliación do saneamento en Muíños (Oleiros) con 84.000€.

Abastecemento de auga para consumo doméstico

Renovación da rede de abastecemento en Mosqueiros (Castiñeiras) con 52.000€.

Pavimentación e renovación da rede de abastecemento na rúa Agriña (Palmeira) con 116.000€.

Pavimentación de rúas

Pavimentación da rúa Miguel Rodríguez Bautista (Ribeira) con 79.000€.

Pavimentación da rúa Bos Aires, entre rúa do Canaval e Travesía Buenos Aires (Corrubedo) con 93.000€.

Mellora de espazos públicos para a comunidade

Novas gradas para o público no campo de fútbol de Carreira, cun investimento de 260.000 €, que permitirá mellorar as instalacións deportivas e apoiar ao noso deporte local.

Renovación do parque infantil da rúa Castelao (Aguiño) con 103.000€

Despois da introdución do alcalde, Pérez Barral cedeu a palabra ao segundo tenente de alcalde, Francisco Suárez-Puerta que valorou positivamente as liñas de acción desta proposta. Tivo palabras para a oposición: ”Non coinciden o que nos transmitiron os veciños e veciñas coas peticións do Grupo Popular”. Pola outra banda, o tenente de alcalde, Vicente Mariño quixo por en valor a aprobación por unanimidade no anterior pleno extraordinario do pasado 10 de xaneiro a achega da Deputación de 134.012,37 euros para gastos socias e que permitirán, dixo, “contratar unha educadora social para poñer en marcha a casa de acollemento temporal de Carreira, garantir a prestación do servizo de axuda ao fogar ou a creación dunha liña de axudas para mellorar a autonomía persoal dos maiores”. Mariño de Bricio tamén lembrou a importancia das obras nas redes de abastecemento por iso puxo en valor os investimentos que está facendo o Goberno local para “acabar cos cortes na subministración” porque, segundo dixo, “un servizo básico como a agua non pode ter cortes”.

Xabier Vidal como concelleiro de Obras, analizou polo miúdo tódalas accións en rematou: “Son obras necesarias e indispensábeis para renovar e crear novos servizos e equipamentos que mellorarán a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Actuacións que foron consensuadas con criterios obxectivos e de equidade e que contan co respaldo do pobo porque dan resposta ás demandas do mesmo”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.