O BNG de Dodro reclama a posta en valor da Casa do Regadío

07 Febreiro 2025

O BNG de Dodro impulsou no pleno extraordinario do POS 2025 unha proposta para investir 125 mil euros na desmantelada Casa do Regadío. O grupo explicou que se trata dun local para artes escénicas inaugurado o 18 de marzo de 2011 polo goberno bipartito BNG -PSOE, que logo, baixo o punto de vista dos nacionalistas, “foilles arrebatado ao Concello e á veciñanza cando volveu o Partido Popular ao Goberno de Dodro”. O auditorio serviu no seu día para a acoller a presentación do libro de Manuel Lorenzo Baleirón Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga, acto que acadara un cheo de público.

Momento da presentación do libro Toponimia de Dodro e de Laíño. Os nomes na auga Carlos Negro falando co autor -sentado-
Manuel Lorenzo Baleirón 18/3/2011. Foto de Xoán Bautista Mariño

A moción do BNG, aprobada en 2024, solicitaba investimentos en locais municipais e comezando coa devolución á veciñanza do uso da Casa do Regadío.

Ademais, o grupo propuxo o asfaltado en quente para todas as aldeas e o compromiso do goberno -en minoría- do PSOE para arranxar un muro en perigo de derrube en Imo. Estas medidas completaron as esixencias do BNG para aprobar as obras con cargo á Deputación da Coruña que ascenden a 317.130,23 €

O portavoz nacionalista Xoán Bautista Mariño dixo que “o BNG faría outras propostas en función das necesidades” e recordou que as aldeas de arriba se cadra son as máis esquecidas aínda que agora hai algunha partida destinada a elas así como o abandono de cruceiros, lavadoiros,… “entre outros elementos patrimoniais que a xente reclama, non o BNG”. Concluíu dicindo “quen nos dera que a Xunta investira dunha maneira así de democrática nos concellos”, sinalou.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.