O Concello de Ribeira reorganiza o tráfico na contorna dos Xulgados e Casas Baratas para gañar fluidez e prazas de estacionamento

06 Febreiro 2025

O Concello de Ribeira vén de poñer en marcha unha reorganización do tráfico na contorna dos Xulgados e das Casas Baratas co obxectivo de gañar fluidez na circulación e aumentar as prazas dispoñíbeis para o estacionamento de vehículos.

O alcalde, Luís Pérez Barral, informou de que as principais modificacións que se están executando hoxe mesmo consisten en que a Rúa Mariño de Rivera pasará a ser de dobre sentido de circulación, co traslado dos actuais estacionamentos da marxe esquerda á marxe dereita.

“Este cambio facilitará o acceso tanto aos Xulgados como á sede da Policía Local, mellorando a mobilidade na zona”, sinalou, engadindo que as rúas Barbanza, da Feira e Pedro Arias modificarán o seu sentido de circulación. Con esta nova configuración, as persoas residentes e usuarios e usuarias dos servizos públicos poderán optar por saír cara á avenida Miguel Rodríguez Bautista, como ata agora, ou pola avenida da Constitución. Esta última opción será posíbel “grazas á apertura dende hoxe mesmo ao tráfico da prolongación da rúa Barbanza, que discorre por detrás do novo Auditorio”, sinalou o rexedor.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.