A ANPA do IES de Coroso (Ribeira) programou en maio obradoiros para garantir usos positivos e seguros das redes sociais

06 Febreiro 2025

A ANPA Caramecheiro Nº1 de Ribeira segue adiante coa súa completa axenda de actividades destinadas a mellorar a convivencia e a aprendizaxe en positivo, ademais do respecto nas aulas e a comunicación, achegando recursos que poidan ser extrapolados a outros centros. En maio a comunidade de nais e pais do instituto de Coroso vai poñer o foco na necesidade de fomentar experiencias dixitais saudábeis e enriquecedoras. “A adolescencia é unha etapa clave para aprender a xestionar as redes sociais e os medios dixitais”, sinalan dende ANPA, que organizará xornadas sobre esta cuestión os días 13, 14 e 15 de maio, contando coa presenza activa de Sara de Santos, informática especializada en RRSS.

Sara impartirá a familias, docentes e alumnado de 2º da ESO do IES Nº1 de Ribeira obradoiros sobre redes sociais baixo o epígrafe Estamos conectados.

O obxectivo é “proporcionar ferramentas e coñecemento ao alumnado e ás súas familias para navegar polo entorno dixital de maneira segura, emocionalmente saudábel e efectiva”. Ademais, poderán ver de primeira man a manipulación á que está sometida a sociedade actual por parte das empresas e medios.

Ao alumnado aprenderáselle como funcionan as redes sociais (algoritmos, privacidade e seguridade) e o seu impacto emocional (xestión do tempo, saúde mental e como garantir unha relación saudábel coas redes sociais) e mostraránselles técnicas para protexer a privacidade e evitar o ciberacoso e testemuñas dun artista convidado (a través dunha videochamada, artistas emerxentes compartirán cos asistentes como as redes sociais inflúen na su vida e carreira, así como os procesos que viven para xestionalas).

Ás familias ensinaráselles a entender o entorno dixital no que interactúan os seus fillos e filla, como acompañalas/os no uso saudábeis desas plataformas e que ferramentas empregar para protexer aos adolescentes no entorno dixital. Achegarase un diálogo aberto no que responder dúbidas e preocupacións.

Esta actividade será financiada pola Secretaria Xeral de Igualdade coas axudas ás ANPA destinadas á promoción da igualdade entre homes e mulleres e á prevención e rexeitamento da violencia contra as mulleres, en desenvolvemento do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Outros artigos

Rematan as obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, e a concelleira de Obras, Herminia Pouso, visitaron hoxe a Escola de Deportes Náuticos de Aguiño para comprobar o resultado dunha actuación que supuxo un investimento de 1.179.750 euros, IVE incluído, para fornecer ao municipio...

+

O filme Salvaxe, Salvaxe proxéctase este venres en Noia

Este venres, o lobo ibérico chega á Casa da Cultura de Noia. O 23 de outubro, ás 20:00 h, a Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos acolle a proxección de Salvaxe, salvaxe, de Emilio Fonseca. Trátase dunha película incluída na programación contratada pola...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.