Queremos Galego da Barbanza convoca este domingo unha lectura de textos de Castelao a carón do seu busto en Rianxo

06 Febreiro 2025

A Plataforma Queremos Galego da Barbanza vai convocar para este domingo día 9 de febreiro ás 12h diante do busto de Castelao na Ribeira de Rianxo, unha lectura aberta de textos do autor rianxeiro. O acto encádrase nas celebracións do Ano Castelao, que conmemora, este 2025, os 75 anos do pasamento do escritor, debuxante e político rianxeiro.

Queremos Galego é unha plataforma cidadá conformada por entidades de diferentes ámbitos e por persoas a título individual, que nace da vontade de “articular unha ampla resposta colectiva a prol da lingua propia do noso pobo, o galego; de defensa e afirmación dos usos públicos e dereitos lingüísticos xa garantidos pola actual lexislación; de progresiva normalización naqueles espazos onde o idioma de noso non goza aínda da presenza desexada”.

A plataforma, ademais da lectura de textos de Castelao deste domingo, convocou para o 23 de febreiro, coincidindo co Día de Rosalía, unha manifestación nacional a prol da lingua en Santiago de Compostela, a partir das 12.00 horas e dende a Alameda (rematando no Obradoiro cunha gran actuación musical). A entidade convida a cidadanía a “transformar a emerxencia lingüística en forza reparadora, o día de Rosalía, reclamando Lingua vital xa!” A información sobre os autobuses, que sairán desde todos os puntos do país, estará dispoñíbel na web de Queremos Galego a medida que se vaian concretando.

Outros artigos

Pepita Vidal Pérez: a costureira que descubriu a poesía aos 62 anos

Luís Pérez Crujeiras (texto). Ribeira, 22 de xaneiro de 1948. A vida de Pepita Vidal Pérez é unha historia de esforzo, oficio e talento inesperado. Nacida nunha familia humilde, traballou desde nena na tenda familiar mentres a súa nai estaba na praza do mercado,...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

“La protesta de los estudiantes franceses”. José Castro López

Francia convive cada cierto tiempo con pequeñas revoluciones o estallidos sociales que,aunque comparten escenarios, responden a causas diferentes. Recuerden la revoluciónde Mayo 68 de la que Daniel Cohn-Bendit, uno de sus líderes, dice que entonces losjóvenes eran...

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.