Ribeira porá en valor a contorna portuaria de Ameixida

05 Febreiro 2025

Este mércores 5 de febreiro o Concello de Ribeira adxudicou os traballos previstos para pór en valor a contorna do litoral e portuaria do núcleo de Ameixida, que na actualidade conforma unha superficie continua con pavimento de aglomerado asfáltico, destinada fundamentalmente ao estacionamento de vehículos, sen diferenciar espazos de tránsito rodado e peonil. O Concello explicou que ao abeiro desta iniciativa derrubarase unha construción para ampliar a superficie do proxecto. Habilitarase tamén unha rede de servizos como a recollida de augas pluviais, que será renovada, e unha contorna de espazos verdes e axardinados.

Segundo informou o alcalde, Luís Pérez, o obxectivo da actuación é crear un espazo de uso e desfrute da veciñanza na liña litoral e mellorar a integración ambiental e paisaxística desa zona.

Para “acadar a mellora da contorna litoral da Ameixida”, redistribuirase o espazo existente e substituiranse os pavimentos actuais por materiais novos, duradeiros e máis acordes coa paisaxe da zona, comentou o rexedor, engadindo que estamos ante “unha actuación integral coa que pretendemos crear puntos espazos de convivencia veciñal na parroquia de Castiñeiras porque ademais da Ameixida, estamos actuando tamén nos Mosqueiros”.

A obra contempla a renovación do pavimento de aglomerado, o derrube dunha construción duns 15 m2 aproximadamente e un valado pequeno, que se reconstruirá posteriormente.

Amais, renovarase a liña de pluviais existente mediante a instalación unha nova tubaxe de PVC de 315 mm de diámetro, cos seus correspondentes pozos de rexistro, arquetas sumidoiro e acometidas domiciliarias.

Para a pavimentación utilizaranse bordo de granito, lastra de granito abordado de longo libre (L) x 40 cm de ancho e 4 cm de espesor na zona de beirarrúa,formigón HM-25 pulido en cor a zona de rodaxe, celosías de formigón prefabricado combinado con céspede na zona de estacionamento.

Amais, dotarase á zona de novos elementos de iluminación e instalarase unha nova liña de alimentación a base de condutores de cobre.

Para seguir co plan de reverdecemento urbano posto en marcha polo goberno local, crearanse zonas axardinadas, rematadas con céspede natural e plantaranse sobreiras e arbustos.

Por último colocarase unha varanda de aceiro inoxidable sobre o muro que separa o bordo litoral, da praia da Ameixida.

O proxecto foi adxudicado por un importe total de 163.000 euros á empresa Excavaciones Nima S.L. financiado por fondos europeos NextGeneration e prevese unha duración de 3 meses.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...