A Real Academia Galega de Ciencias entrega os”Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC a sete equipos galegos

05 Febreiro 2025

A Real Academia Galega de Ciencias inaugura o seu curso destacando a excelencia científica galega.

“O Proxecto Xenoma de Galicia, que abrangue o 15% da poboación galega, é o máis ambicioso a nivel mundial”, salienta o catedrático Ángel
Carracedo na apertura do novo curso da Real Academia de Ciencias O presidente, Juan Lema, pon de relevo que as científicas e científicos da RAGC
publicaron máis de 300 artigos en revistas internacionais en 2024 Durante o acto entregáronse os “Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC” a
sete equipos galegos, que destacaron “a importancia de dar a coñecer o traballo ás veces invisible pero sempre necesario que se fai na investigación”.

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) celebrou esta tarde a apertura do seu curso no Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. O acto contou coa presenza do presidente da RAGC, Juan Lema, acompañado polo equipo de goberno da institución e diversas autoridades do ámbito político, cultural, científico e académico galego.

Durante o seu discurso, Juan Lema subliñou que os membros da RAGC publicaron máis de 300 artigos en revistas internacionais ao longo de 2024. Destacou que, de se constituíren como un centro de investigación, a RAGC sería o de maior produción e impacto científico de Galicia.

O Proxecto Xenoma de Galicia: Unha iniciativa pioneira

No marco do evento, o académico da RAGC e catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, impartiu a lección maxistral titulada O Proxecto Xenoma de Galicia: unha oportunidade para a nosa terra. Carracedo destacou a ambición deste proxecto, que busca secuenciar o xenoma completo de 400.000 galegos, o que representa aproximadamente o 15% da poboación. Segundo o experto, esta iniciativa supera en alcance proxectos similares en países como o Reino Unido ou os Estados Unidos.

O proxecto ofrecerá aos participantes a opción de someterse a un cribado xenético para detectar predisposicións a enfermidades como o cancro de mama, o cancro colorrectal (síndrome de Lynch) e a hipercolesterolemia. En caso de resultados positivos, os participantes poderán acceder a programas de seguimento preventivo, o que fai deste proxecto unha referencia mundial en medicina xenómica.

Ademais dos beneficios en saúde e prevención, Carracedo salientou o impacto que terá na investigación e nos sectores biotecnolóxico e farmacéutico. A análise dos datos xenómicos xerados permitirá comprender mellor os mecanismos das enfermidades e identificar novas dianas terapéuticas para o desenvolvemento de fármacos. O investigador tamén destacou o papel clave da intelixencia artificial e do sistema IANUS de historia clínica electrónica na xestión dos datos, consolidando a Galicia como un referente na medicina personalizada.

Entrega dos Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC

Durante o evento, entregáronse os Premios de Investigación Fundación Barrié-RAGC, que recoñecen as mellores investigacións desenvolvidas en Galicia nas categorías de Ciencias Básicas, Técnicas e Sociais. Cada premio estivo dotado con 5.000 euros, ademais de varios accésits concedidos en cada categoría. O presidente da RAGC destacou a calidade das cen candidaturas presentadas e o impacto internacional das investigacións premiadas.

Premios en Ciencias Básicas

O galardón nesta categoría foi para un proxecto do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo, liderado por Miguel Ángel Correa, centrado na utilización de dióxido de carbono para a produción de produtos químicos e biocombustibles como medida para combater o cambio climático. O investigador destacou a importancia de visibilizar a ciencia básica e o seu impacto na sociedade.

Os accésits foron concedidos ao equipo de Ashwin Woodhoo, do CiMUS da Universidade de Santiago, polo descubrimento dun mecanismo clave para tratar enfermidades nerviosas como a esclerose múltiple, e a Fernando Adrián Fernández, da Facultade de Matemáticas da USC, por establecer relacións entre diferentes ecuacións que facilitan o estudo de fenómenos complexos como a propagación de enfermidades infecciosas.

Premios en Ciencias Técnicas

O premio recaeu no grupo da Universidade de Vigo liderado por Víctor Zapatero, que desenvolveu unha tecnoloxía segura para as futuras comunicacións por satélite. O investigador destacou as dificultades da carreira científica e a importancia de recoñecementos como este para motivar ao equipo.

O accésit nesta categoría foi para Antía Fernández e o seu equipo do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da UVigo, que crearon un proceso innovador para eliminar contaminantes farmacéuticos da auga.

Premios en Ciencias Sociais

O premio foi outorgado a un equipo da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, coordinado por Milagros Vivel, polo seu estudo sobre o impacto do fracaso empresarial nas micro, pequenas e medianas empresas do sector hoteleiro. A investigadora destacou a relevancia de xerar coñecemento aplicado ao tecido produtivo galego.

O accésit foi para o grupo liderado por María Cadaval, tamén da USC, por unha análise innovadora sobre o impacto das políticas de consolidación fiscal na intención de voto da cidadanía.

O acto concluíu cunha reafirmación do compromiso da RAGC coa excelencia científica e a promoción do coñecemento en Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.