A ABE impulsa a campaña do Día do Pai

13 Marzo 2020

A Asociación Boirense de Empresarios (ABE) pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial con motivo do Día do Pai consistente no sorteo dun vale de 100 euros para utilizar en calquera dos 101 establecementos participantes entre comercio, hostalería e servizos.

Baixo o título De tal pao, tal acha, esta iniciativa desenvolverase do 13 ao 19 de marzo e fundaméntase nos parecidos razoables, polo que buscarán saber cales son as maiores coincidencias entre os pais e os fillos dos clientes dos negocios asociados.

Para participar só hai que entrar no Facebook ou Instagram da ABE e buscar a publicación do concurso, onde se debe comentar a publicación pois “a cor de ollos, os pes planos, saber contar ben un chiste, odiar o pulpo, ter mal ou bo xenio e mesmo ser un cocinillas, calquera é valida.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.