A ABE sortea cinco caixas de doces con motivo da súa Campaña de San Valentín

03 Febreiro 2025

A patronal boirense (ABE) puxo en marcha este luns 3 de febreiro unha nova campaña de promoción con motivo da festividade de San Valentín (14 de marzo) co obxectivo de “premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados”. Desta volta, os premios consisten en cinco caixas de doces elaboradas expresamente para a ocasión e formando as elaboracións incluídas (queixiñas, tortas miúdas, galletas e macarons) a palabra “LOVE” coas que as persoas agraciadas poderán sorprender á persoa que queiran ou desfrutalos elas mesmas. A ABE fará entrega destes premios o mesmo día de San Valentín (venres 14 de marzo).

Para participar no sorteo os clientes deben rexistrar os tíckets de compra de calquera negocio asociado a ABE na web www.abe.gal entre o 3 e o 13 de febreiro e o sorteo realizarase o día 13 ás 12:00 horas (serán válidos os rexistros realizados ata a hora do sorteo). A ABE contactará coas persoas premiadas ese mesmo día para que poidan recoller o seu agasallo o día de San Valentín. Esta campaña conta co financiamento da Xunta de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.