A Deputación investirá case 530.000 euros na mellora da estrada DP-6202 en Outes

02 Febreiro 2025

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade na sesión plenaria celebrada o pasado 31 de xaneiro o proxecto de mellora da estrada DP-6202, no termo municipal de Outes. Os traballos planificados comprenden a actuación na vía que vai da Serra á AC-400 por Valadares, entre os puntos quilométricos 0+358 e 4+498 “mediante o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor a todo o ancho da plataforma da estrada”. Ademais, poñerase a cota as tapas de rexistro e sumidoiros existentes, informou a Deputación, engadindo que antes destas operacións de pavimentación “deberá levarse a cabo a realización de roza nas marxes, a limpeza de beiravías, apertura de cunetas e poda do arborado, así como a execución de varios de escollera en zonas con desprendementos de pendentes, entre os puntos 3+105 e 3+350”.

Así mesmo, o proxecto inclúe a reposición das marcas viarias no eixo, bordes e inscricións, así como as unidades de sinalización verticais, balizamento e defensa necesarias.

Esta actuación forma parte do Plan de Investimento en Vías Provinciais (VIP) deste ano 2025. A Deputación contemple este ano nos seus orzamentos iniciais 24,7 millóns de euros para a mellora dos 2.100 quilómetros da rede provincial de estradas.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.