O grupo provincial do Partido Popular emitiu un comunicado, a través do seu portavoz, Evaristo Ben, no que critican “o mal estado de conservación no que se encontra o sistema de recollida de pluviais da entrada DP-3301 ao seu paso polas parroquias de Isorna e Leiro no Concello de Rianxo”.
Os populares aproveitaron o pleno celebrado o pasado venres na Deputación da Coruña para trasladar ao Goberno provincial “a necesidade de actuar con urxencia en Leiro, onde o sistema de pluviais veuse abaixo”.

Desde o Partido Popular criticaron que a solución que se deu de forma provisional nesta vía é a de ocupar con valos de obra a estrada, unha medida que, segundo Ben, “supón un risco para a seguridade viaria”.

Na súa opinión, “é necesario levar a cabo as obras pertinentes para reconstruír o sistema de recollida de pluviais canto antes e, desta maneira, evitar que se produzan inundacións e retirar tamén da vía uns valos que supoñen un perigo”. Ben aproveitou tamén a súa intervención para reclamar a roza das marxes desta mesma estrada ao seu paso pola parroquia de Isorna, onde, segundo o popular, esta situación provocou que a recollida de pluviais estea taponada, xerando a aparición de charcas de auga na vía.

Por último, Ben preguntou tamén en que punto da tramitación atópase o contrato provincial para a roza das vías, tendo en conta que, segundo denunciaron no seu día os populares, o acordo deixou de estar en vigor tras caducar hai uns meses.




